BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

domingo, 8 de noviembre de 2026

GRAN PAPEL DO NOSO COLEXIO NA FASE LOCAL-COMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

O pasado venres celebrouse a Fase Local-Comarcal de Campo a Través Escolar no circuito permanente do polígono industrial de Carballo. Un ano máis, os nosos atletas tiveron un papel  destacado nunha xornada marcada polo esforzo, o compañeirismo e a deportividade.

O noso centro estivo representado por un magnífico grupo de 121 nenos e nenas das categorías benxamín, alevín e infantil (tanto en modalidade feminina como masculina).
Aínda que todos e cada un dos participantes realizaron un gran papel, queremos felicitar de xeito especial os nosos medallistas individuais:
  • 🥇 Claudia Pombo Mira – Medalla de ouro.
  • 🥇 Fabiola Sánchez González – Medalla de ouro
  • 🥈 Iker Trigo Castiñeiras. – Medalla de prata
  • 🥉 Leo Gerpe Manteiga – Medalla de bronce
A nivel colectivo, os resultados por equipos tamén foron moi bos :
  • 🥇 Equipo benxamín feminino: Primeiro clasificado.
  • 🥈 Equipo  alevín feminino: Segundo clasificado.
  • 🥉 Equipo benxamín  masculino: Terceiro clasificado.
Grazas a estes fantásticos resultados, 10 atletas do noso centro representarannos no Campionato Provincial de centros educativos.
Relación provisional de atletas clasificados para o Campionato Provincial.
 Clasificación Individual: 
  • Iker  Trigo Castiñeiras (2ª clasificado Benxamín Masculino)
  • Fabiola Sánchez González (1ª clasificada Alevín Feminino)
  • Leo Gerpe Manteiga (3º clasificado Infantil Masculino)
  • Hugo Castro Lado (7º clasificado Infantil Masculino)
 Clasificación por equipos: 

Equipo benxamín feminino( 1º clasificado):
  • Claudia Pombo Mira.
  • Estela García Recarey.
  • Eesha Kanram But.
  • Rosalía Blanco García.
  • Mara Pais Calvo.
  • Noa Muñiz López
Quero aproveitar este espazo para dar as grazas a Paula, Lucía, Chus, Óscar, Patricia, David e Pablo  polo seu excelente traballo, dedicación e colaboración na organización desta xornada. ¡Moitas grazas!
Tampouco me quero esquecer do comportamento exemplar de todos os nenos e nenas.
¡Noraboa a todos e todas polo voso esforzo e parabéns polos éxitos acadados! 

lunes, 2 de noviembre de 2026

FASE ZONAL CARBALLO-COMARCA DE BERGANTIÑOS DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

Un ano máis, o noso centro terá unha amplia representación na Fase Zonal Carballo-Comarca de Bergantiños de campo a través escolar, xa que, serán 121 atletas do noso centro,os que participarán o próximo venres 6 de novembro( sempre que as condicións metereolóxicas o permitan) nesta proba.

Esta actividade forma parte do Programa Xogade.

As probas desenvolveranse no circuito permanente do polígono industrial de Carballo.

Os horarios das probas serán  os seguintes:

11.00:  Infantil masculino ( 6º E.Primaria)
11.15:  Infantil feminino ( 6º E.Primaria)
11.30:  Alevín masculino ( 4º e 5º E.Primaria) 
11.45:  Alevín feminino ( 4º e 5º E.Primaria) 
12.00:  Benxamín masculino ( 2º e 3º E.Primaria) 
12.15:  Benxamín feminino ( 2º e 3º E.Primaria) 

Moita sorte a tod@s!

sábado, 26 de septiembre de 2026

COÑECE O NOSO CLUB: BALONMÁN XIRIA.

Un curso máis,contamos durante esta semana no noso centro, coa presenza dos  adestradores das Escolas Balonmán Xiria que fixeron unha presentación práctica e lúdica do seu deporte a todo o alumnado de Educación Primaria, explicando o funcionamento do seu club.

O obxectivo desta iniciativa é que os escolares do noso centro coñezan os recursos deportivos dispoñibles en Carballo. Ofrecéndolles así unha alternativa de ocupación para o seu tempo libre e fomentándose a práctica da actividade física entre a nosa poboación escolar. Con esta actividade desde o centro buscamos poñer en mans do noso alumnado a maior cantidade de recursos posibles, que lles axuden a conseguir uns hábitos cada vez máis activos e saudables, creando así un vínculo importante entre o centro e os clubs da nosa localidade.

Moitas grazas a Sheila,Gabriel,Telmo e Álex  por adicarnos parte do seu tempo a ensinarnos o seu deporte.









martes, 1 de septiembre de 2026

BENVIDOS/AS AO CURSO 2026-2027

Plufi quere darvos a benvida ao novo curso escolar 2026-2027 en particular aos que chegades por primeira vez ao noso centro.

Espérovos o próximo mércores día 9, para desfrutar movéndonos.

Ata moi pronto!

jueves, 18 de junio de 2026

BO VERÁN A TODOS/AS!

Finaliza un novo curso no que agardo que desfrutásedes das clases de educación física, e que no voso recordo, queden  os bos momentos que pasamos.

Moitas grazas a todos/as por visitar o blog, en especial, ao alumnado de 6º de Educación Primaria que remata a súa etapa no noso centro.

Vémonos de novo o 9 de setembro para seguir "desfrutando movéndonos".

Unha aperta moi grande e bo verán a todos/as.

viernes, 5 de junio de 2026

PVAD.MATEO E XURXO CAMPIÓNS DO X TORNEO DE BÁDMINTON DA CRISTINA.

Mateo e Xurxo proclamáronse campións das finais de quinto e sexto curso  de E. Primaria do X Torneo de Bádminton da Cristina , que se celebrou nos recreos  deste último trimestre do curso.

Na final de quinto curso, Mateo  gañou por dous sets a cero a Adrián ( 21-13 e 21-19).

En sexto curso, Xurxo logrou a victoria por dous sets a un ante Manuel (21-14,18-21 e 21-17).

Ao final dos partidos, os  finalistas recibiron sendos trofeos, e o resto dos participantes de  cada curso unha medalla de recordo.

Noraboa a tod@s!



 




viernes, 29 de mayo de 2026

PVAD. A CRISTINA PARTICIPOU UN ANO MÁIS NO CAMPIONATO PROVINCIAL DE CROS ESCOLAR.

Fantástica mañá de deporte a  que pasaron  os dezasete alumnos/as que  representaron ao colexio no Campionato Provincial de campo a través escolar celebrado esta mañá en Porto do Son.

Os nosos atletas competiron con outros centros educativos de toda a provincia da Coruña e foron un exemplo de compañeirismo e deportividade, na que todos/as deron o mellor de si. 

Que orgullosos estamos de todos/as!

Quero darlle as grazas a todos os nenos/as que participaron esta tempada nas dúas Fases, polo seu esforzo e comportamento, e animarvos, a seguir esforzándovos para intentar mellorar cada día.

Agradecer tamén a Patricia e ás familias, a súa inestimable colaboración durante toda a mañá.

Moitas grazas!