BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

domingo, 8 de noviembre de 2026

GRAN PAPEL DOS NOSOS/AS ATLETAS NA FASE LOCAL-COMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

O pasado venres celebrouse a Fase Local-Comarcal de Campo a Través Escolar no circuito permanente do polígono industrial de Carballo. Un ano máis, os nosos atletas tiveron un papel  destacado nunha xornada marcada polo esforzo, o compañeirismo e a deportividade.

O noso centro estivo representado por un magnífico grupo de 121 nenos e nenas das categorías benxamín, alevín e infantil (tanto en modalidade feminina como masculina).
Aínda que todos e cada un dos participantes realizaron unha carreira excepcional, queremos felicitar de xeito especial os nosos medallistas individuais:
  • 🥇 Claudia Pombo Mira – Medalla de ouro.
  • 🥇 Fabiola Sánchez González – Medalla de ouro
  • 🥈 Iker Trigo Castiñeiras. – Medalla de prata
  • 🥉 Leo Gerpe Manteiga – Medalla de bronce
A nivel colectivo, os resultados por equipos tamén foron moi bos :
  • 🥇 Equipo benxamín feminino: Primeiro clasificado.
  • 🥈 Equipo  alevín feminino: Segundo clasificado.
  • 🥉 Equipo benxamín  masculino: Terceiro clasificado.
Grazas a estes fantásticos resultados, 10 atletas do noso centro representarannos no Campionato Provincial de centros educativos.
Relación provisional de atletas clasificados para o Campionato Provincial.
 Clasificación Individual: 
  • Iker  Trigo Castiñeiras (2ª clasificado Benxamín Masculino)
  • Fabiola Sánchez González (1ª clasificada Alevín Feminino)
  • Leo Gerpe Manteiga (3º clasificado Infantil Masculino)
  • Hugo Castro Lado (7º clasificado Infantil Masculino)
 Clasificación por equipos: 

Equipo benxamín feminino( 1º clasificado):
  • Claudia Pombo Mira.
  • Estela García Recarey.
  • Eesha Kanram But.
  • Rosalía Blanco García.
  • Mara Pais Calvo.
  • Noa Muñiz López
Quero aproveitar este espazo para dar as grazas ao equipo directivo do centro, ás titoras, especialistas e, moi especialmente, a Paula, Lucía, Chus, Óscar, Patricia, David e Pablo  polo seu excelente traballo, dedicación e colaboración na organización desta xornada. ¡Moitas grazas!
Tampouco me queremo esquecer do comportamento exemplar de todos os nenos e nenas, así como do apoio incondicional das familias que se achegaron ata o circuito para alentar e animar a cada participante.
¡Noraboa a todos e todas polo voso esforzo e parabéns polos éxitos acadados! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario