Un curso máis,contamos durante esta semana no noso centro, coa presenza dos adestradores das Escolas Balonmán Xiria que fixeron unha presentación práctica e lúdica do seu deporte a todo o alumnado de Educación Primaria, explicando o funcionamento do seu club.
O obxectivo desta iniciativa é que os escolares do noso centro coñezan os recursos deportivos dispoñibles en Carballo. Ofrecéndolles así unha alternativa de ocupación para o seu tempo libre e fomentándose a práctica da actividade física entre a nosa poboación escolar. Con esta actividade desde o centro buscamos poñer en mans do noso alumnado a maior cantidade de recursos posibles, que lles axuden a conseguir uns hábitos cada vez máis activos e saudables, creando así un vínculo importante entre o centro e os clubs da nosa localidade.
Moitas grazas a Sheila,Gabriel,Telmo e Álex por adicarnos parte do seu tempo a ensinarnos o seu deporte.













.jpg)
.jpg)

































