BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

martes, 26 de mayo de 2026

PVAD.CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR.

 

Dezasete alumnos/as  representarán ao noso centro no Campionato Provincial de campo a través escolar, que se celebrará este próximo venres, no circuito do Campamento Virxe de Loreto de Porto do Son.

Todos/as chegan moi ilusionados á proba, aínda que conscientes da dificultade que entraña, xa que, neste campionato, tomarán parte os mellores atletas da provincia que se clasificaron nas fases intercomarcais da Coruña, Ferrol, Santiago e Noia.

Moita sorte a todos/as!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario