BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

sábado, 30 de noviembre de 2019

PDC. CLASIFICAD@S PARA O CAMPIONATO INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR





A Federación Galega de Atletismo acaba de publicar as clasificacións da Fase Local de campo a través celebrada onte, e podemos dicir, que estamos de noraboa, xa que,  trinta e catro nenos/as do noso centro conseguiron clasificarse para o Campionato Intercomarcal de campo a través, que se celebrará o sábado 18 de Xaneiro do 2020, no circuito do parque dos Menhires( A Coruña)

Ás catro medallas colleitadas, e á clasificación de dez atletas de maneira individual, hai que destacar que a nivel de equipos os resultados foron moi bos , xa que, acadamos dous primeiros e dous segundos postos.


RELACIÓN DE CLASIFICADOS PARA O CAMPIONATO INTERCOMARCAL 

 CLASIFICACIÓN INDIVIDUAL

GUILLERMO PASTORIZA CARBAJALES ( 2º Infantil masculino)
TIRSO RAMOS VARELA (1º  Alevín masculino)
ÁNGEL TRIGO MATO(4º Alevín masculino)
DANIEL FRADE SUÁREZ(5º Alevín masculino)
MATEO FIGUEIRAS POSE(7º Alevín masculino)
ANTÍA CANCELA MARTÍNEZ(6ª Alevín Feminino)
CLAUDIA MUÑIZ TRIGO(7ª Alevín feminino)
HUGO GARCÍA REMUIÑÁN ( 1 º Benxamín masculino)
NICOLÁS LEMA FERNÁNDEZ( 3º Benxamín masculino)
NURIA CASTRO GARCÍA ( 6ª Benxamín feminino)

CLASIFICACIÓN POR EQUIPOS 

EQUIPO BENXAMÍN MASCULINO (1º clasificado)

ROMÁN RAMA MARTÍNEZ
RODRIGO RAMA MALLO 
ABEL ANTELO FRAGA
GAEL ROMERO VARELA
ADRIÁN BUSTELO GARCÍA
NICOLÁS POSE MÉNDEZ

EQUIPO BENXAMÍN FEMININO (2º clasificado)

CARLA TRIGO MATO
UXÍA PEREIRO MÉNDEZ
MAYRA MOUZO LEMA
CARMEN GARCÍA ROEL
DANIELA SUÁREZ ÁLVAREZ
LAURA VILARES SOUTO

EQUIPO ALEVÍN MASCULINO (1º clasificado)

ISSEI  MATEO SUÁREZ KITAHORI
MANUEL GARCÍA CABEZA
LEO LEMA FERNÁNDEZ
IZAN PENA MOURA
DANIEL TAIBO TASENDE
DIEGO FIGUEIRA QUINTÁNS

EQUIPO ALEVÍN FEMININO(2ºclasificado)

SOFÍA BERTOA GARCÍA
SABELA RODRÍGUEZ DUBRA
DANIELA ALFEIRÁN ESPIÑO
AINHOA DÍAZ SIEIRA
LUCÍA MARÍA VILLASENÍN FACAL
LÍA NÚÑEZ GONZÁLEZ



NORABOA A TODOS/AS!

viernes, 29 de noviembre de 2019

PDC. O NOSO CENTRO FOI ADMITIDO NO PDC- CENTROS ACTIVOS E SAUDABLES 2019-2020


O noso centro foi admitido no programa PDC(Proxecto deportivo de centro)- Centros activos e saudables, englobado no Plan Proxecta.

O obxectivo deste programa é o de actuar  como dinamizador e promotor de hábitos de vida activa e saudable, rentabilizando os recursos existentes no seu ámbito de influencia. 

Buscamos que o 100%  dos alumnos e alumnas reciban información e asesoramento de como incorporar no seu día a día, tanto no horario lectivo coma no no- lectivo, actividade física, exercicio físico ou deporte como hábito de vida saudable, así como incrementar, na súa estadía no centro, a práctica de actividade física de calidade.

O obxectivo final será entón o de loitar contra o sedentarismo, creando hábitos que perduren fóra do centro escolar e ao longo de toda a vida, dende a infancia ata a vellez.

PDC.BRILLANTE PAPEL DOS NOS@S ATLETAS NA FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR


Un ano máis,os nosos/as atletas tiveron unha destacada  participación na Fase Local de campo a través celebrada na mañá de hoxe no campo de fútbol das" Eiroas".

O noso centro estivo representado por 94 nenos/as das categorías benxamín, alevín e infantil feminino e masculino.

Aínda que tódolos nen@s realizaron un gran papel, hai que destacar as medallas de ouro de Tirso Ramos e Hugo García; a de plata de Guillermo Pastoriza e a de bronce de Nicolás Lema.

A todo isto, hai que añadir a clasificación individual de moitos nenos/as e  posiblemente  dalgún equipo, o que fai pensar, agardando a que a Federación Galega de Atletismo publique as clasificacións definitivas; que o noso centro estará representado por un nutrido grupo de atletas na Fase Intercomarcal, que se celebrará o  sábado 18 de Xaneiro do 2020 no circuito do Parque dos Menhires( A Coruña).
  
Quero aproveitar esta entrada, para dar as grazas  a Nerea, Chus, Lucía e Sarai , polo seu excelente traballo e colaboración no desenvolvemento da xornada de hoxe. Moitas grazas!

Tampouco me quero olvidar do excelente comportamento dos nenos/as, e do apoio incondicional de tódolos pais e nais que se achegaron ata o circuito para animar aos nenos/as.
Moitas Grazas! 

Noraboa a tod@s polo voso esforzo!!!!



EQUIPO INFANTIL MASCULINO

EQUIPO INFANTIL FEMININO

EQUIPO ALEVÍN MASCULINO

EQUIPO ALEVÍN FEMININO

EQUIPO BENXAMÍN MASCULINO

EQUIPO BENXAMÍN FEMININO

GUILLERMO PASTORIZA  2º CLASIFICADO INFANTIL MASCULINO

TIRSO RAMOS 1º CLASIFICADO ALEVÍN MASCULINO

NICOLÁS LEMA E HUGO GARCÍA
3º E 1º CLASIFICADOS BENXAMÍN MASCULINO

lunes, 25 de noviembre de 2019

PDC. FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR 2019


Un ano máis, o noso centro terá unha amplia representación na Fase Local de campo a través escolar, xa que, serán 94 atletas do noso centro,os que participarán o próximo venres 29 de novembro( sempre que as condicións metereolóxicas o permitan) nesta proba.

Esta actividade forma parte do Programa Xogade, englobado no Proxecto Deportivo do noso centro.

As probas desenvolveranse no circuito do campo de fútbol das Eiroas de Carballo.

Os horarios das probas serán  os seguintes:

10.45:  Infantil masculino ( 6º E.Primaria)
11.00:  Infantil feminino ( 6º E.Primaria)
11.15:  Alevín masculino ( 4º e 5º E.Primaria) 
11.30:  Alevín feminino ( 4º e 5º E.Primaria) 
11.45:  Benxamín masculino ( 2º e 3º E.Primaria) 
12.00:  Benxamín feminino ( 2º e 3º E.Primaria) 

Moita sorte a tod@s!


martes, 19 de noviembre de 2019

PDC.RECREOS ACTIVOS:SEGUNDA LIGA DE BALONCESTO ESCOLAR

   

           
        
Hoxe comezou no noso centro a II liga escolar de baloncesto 3x3, que se desenvolverá ata finais do mes de Marzo nos recreos dos martes .

Esta  iniciativa  está organizada polo Basket Xiria, coa intención de facer uns recreos máis saudables e entretidos.

Nela participan os alumnos/as de 3º e 4º de E.Primaria.