BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

domingo, 11 de septiembre de 2016

PRESENTACIÓN DA ASIGNATURA DE EDUCACIÓN FÍSICA CURSO 2016/2017


A área de Educación Física está encamiñada a conseguir o desenvolvemento persoal e unha mellor calidade de vida dos vosos fillos/as.
O ensino da Educación Física vai  orientado ao coidado do corpo, da saúde, da mellora corporal e da utilización constructiva do lecer.
Para conseguir unha eficaz aprendizaxe, pediríavos que colaborásedes nos seguintes puntos:

1) Os días que teñan clase de educación física, os vosos fillos/as deben traer:

·        Unha vestimenta axeitada (chándal ou roupa deportiva e zapatillas de deporte) para evitar posibles lesións.

·    Unha bolsa de aseo con : toalla pequena, xabrón, peite ou cepillo, e unha camiseta para cambiarse despois das sesións (opcional en 1º e 2º curso)

·         Unha botella pequena de auga para hidratarse.

Desta maneira fomentaremos o coidado hixiénico dos nosos escolares, ademais de evitar posibles resfriados, etc ...

2)  Aqueles alumnos/as con problemas físicos dalgún tipo deben notificalo, a efectos de recibir unha Educación Física acorde ás súas posibilidades. No caso de que teñan algunha certificación ou informe médico, remitir unha copia ao mestre de Educación Física.

Os alumnos/as exentos da materia de educación física, deberán presentar un certificado médico oficial, no que conste se a exención é total ou parcial. Neste último caso ,deberá constar no    certificado, os exercicios que o alumno/a pode facer e os que non pode realizar.

Estar exento quere dicir, que non realizarán a parte práctica das clases de educación física, pero deben estar presentes na clase.

Os alumnos exentos da materia en cada avaliación, terán que presentar un traballo monográfico sobre temas que se traten na materia. Ademais se se cre necesario, poderáselles realizar unha proba teórica, oral ou escrita, sobre os contidos do traballo e o desenvolvemento das sesións.

3) Os criterios de avaliación que se van a empregar á hora de valorar ao alumno/a incidirán en tres aspectos:

  • A actitude ante a materia e os hábitos de hixiene, que se medirán a través da observación directa do alumn@ (60% da nota en primeiro, segundo, terceiro e cuarto curso; 50% en quinto e sexto curso)
  Esta puntuación fai referencia a:


1. Participación activa na  clase.
2. Respecto aos compañeiros/as e ao mestre
3. Colaboración e cooperación.
4. Coidado do material do ximnasio.
5. Uso correcto e coidado dos vestiarios.


6. Utilización do material de aseo

  • A aptitude física do alumno/a que se medirá a través da observación directa dos exercicios realizados ao longo das clases, e a través das diferentes probas que se realizarán (30% da nota en primeiro, segundo, terceiro e cuarto curso; 40% en quinto e sexto curso)

  • A asistencia suporá un 10 % da nota global de cada avaliación.

1. As faltas sen xustificar e as faltas de puntualidade, implicarán unha baixada na calificación final de cada avaliación.



2. Máis de 4 faltas xustificadas por enfermidade ou lesión, suporán a exención da parte que non viu nesa avaliación e a realización dunha proba teórica ou dun traballo sobre os contidos da asignatura para poder calificar ao alumno/a.



3. Os xustificantes débense traer na axenda escolar, asinados polos pais ou titor do alumno/a. Sempre que sexa por enfermidade deben ir acompañados dun xustificante médico. Se a enfermidade ou lesión do alumno/a vai impedir que realice as clases durante máis dun mes, deberase traer un certificado médico oficial.



4. OS XUSTIFICANTES ENTREGARANSE AO MESTRE DE EDUCACIÓN FÍSICA.



Moitas grazas pola súa colaboración.

Asdo. Jesús Manuel Pena Núñez

No hay comentarios:

Publicar un comentario