O vindeiro luns,o Judo Club Bergantiños,impartirá no noso centro unhas sesións lúdicas de iniciación ao Judo, facendo unha
presentación do seu deporte, e explicando o funcionamento do seu
club (localización,
horarios de adestramento, competicións...) e invitando aos nenos e nenas
a compartir
un dos seus adestramentos.
Con
esta actividade o que pretendemos por un
lado, e que os clubs crezan fomentando o deporte de base e por outro,
facilitar aos nenos e nenas do noso centro, o coñecemento dos recursos deportivos
dispoñibles no concello de Carballo, ofrecéndolles unha alternativa de
ocupación para o seu tempo de
ocio, fomentando a práctica de actividade física dos nosos
escolares,colaborando na consecución de hábitos cada vez máis activos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario