BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

martes, 17 de septiembre de 2019

PDC. COMEZARON OS RECREOS ACTIVOS.


Despois da boa acollida que tiveron o curso pasado,hoxe comezaron os "recreos activos", coa idea de mellorar a organización e convivencia durante os períodos de recreo.

Os obxectivos desta proposta son:
 

1)  Estimular as habilidades sociais de respecto, traballo en equipo e deportividade durante os recreos.

2) Crear un ambiente de recreos positivo e activo que mellore o clima interno do colexio onde a conciencia intergrupal, solidariedade, o respecto e a tolerancia sexan o eixo vertebrador dos tempos de descanso e esparexemento.

Ao igual que no curso pasado,establecéronse 4 zonas diferentes de xogo acorde a un calendario rotatorio , onde os alumn@s poden participar   segundo as súas preferencias e intereses .

Estas zonas de xogo son as seguintes:

Zona 1. Xogos tradicionais(trompos, canicas,diábolos,bolos,zancos,etc...)
Zona 2. Cachibol e xogos tradicionais( tres en raia, mariolas,twister)
Zona 3. Bádminton e Ultimate.
Zona 4. Fútbol( cada curso participa só unha vez á semana) e baloncesto.

Para organizar as zonas e distribuir o material, contamos coa inestimable axuda dalgúns alumn@s de 6º de E.Primaria.




lunes, 16 de septiembre de 2019

PDC.BICIBÚS & EDUCACIÓN VIAL.


Englobada dentro das actividades da Semana Europea da Mobilidade que organiza o concello de Carballo, hoxe arrancou  o bicibús, sendo o noso centro o que inaugurou este ano a experiencia, que consiste en que os nenos e as nenas vaian ao cole en bici.

Esta actividade  desenvolveuna o voluntariado do Club Ciclista Carballo a un Paso, organizando na pista polideportiva,un circuito de seguridade viaria na que participou o alumnado do noso centro ao longo de toda a mañá.








martes, 3 de septiembre de 2019

BENVID@S AO CURSO 2019-2020


Plufi quere darvos a benvida ao novo curso escolar 2019-2020, en particular aos que chegades por primeira vez ao noso centro.

Espérovos o mércores 11 de setembro para disfrutar movéndonos.

Ata ao mércores!

viernes, 21 de junio de 2019

BO VERÁN A TOD@S!



Finaliza un novo curso no que agardo que disfrutásedes das clases de educación física, e que no voso recordo, queden  os bos momentos que pasamos.

Moitas grazas a tod@s por visitar o blog.

Vémonos de novo o once de Setembro para seguir "disfrutando movéndonos".

Un saúdo e bo verán a tod@s.

jueves, 20 de junio de 2019

PDC. ACROSPORT 6º E.PRIMARIA


Hoxe pola tarde celebramos un novo festival de fin de curso no Pazo da cultura, baixo o título de "A Cristina dá a volta ao mundo". O tema central foron as músicas do mundo, con coreografías de diversos países.  Os rapaces de sexto curso quixeron aportar como despedida o seu graniño de area, representando unha coreografía de acrosport.

Quero darlles as grazas e a noraboa a tod@s eles, polo seu esforzo durante todos estes días.O esforzo mereceu a pena!

Tamén, felicitar a nosa mestra de música Nerea, pola súa colaboración no desenvolvemento do Proxecto deportivo de centro ao longo deste curso que estamos a piques de rematar, e sobre todo, polo seu gran traballo na organización deste evento. Noraboa compañeira! Que luxo contar con profesionais coma ti!

Podedes ver algunhas fotografías do festival neste enlace de La Voz de Galicia-Carballo: FESTIVAL FIN DE CURSO


PDC. A ANPA FONTE DA CRISTINA APORTA NOVO MATERIAL PARA O XIMNASIO DO NOSO CENTRO.

A Anpa Fonte da Cristina comprou para ao ximnasio do noso centro unha nova colchoneta quitamedos.

Desde o departamento de Educación Física quero darlle as grazas por esta nova aportación, da cal, os nosos alumn@s disfrutarán o próximo curso.

Moitas grazas!



miércoles, 19 de junio de 2019

DESPEDIDA DOS ALUMN@S DE SEXTO CURSO.



Como todos os anos, chega un dos momentos máis difíciles e duros do curso, a despedida do alumnado de sexto curso.

Para min non é nada fácil despedirme de vós, xa que, foron oito cursos moi intensos, onde disfrutei moito aportando o meu graniño de area na vosa formación como alumn@s, pero sobre todo, como persoas.

Ao longo destes anos, intentei dar o mellor de min e tentei ser o máis xusto posible con tod@s vós. Seguramente me equivocara moitas veces e tomara decisións que non vos gustaron, pero fixeno pensando no voso ben. 

O meu único obxectivo foi facer que disfrutárades da actividade física e o deporte, e que teñades uns valores que vos axuden a mellorar o día de mañá.

Compartir tantas experiencias  nas clases de educación física durante tantos cursos, fará que non me esqueza nunca de vós e botareivos moito de menos, porque o pasei realmente ben ao voso lado.

Espero que vos vaia todo xenial na vida, que saiades adiante e que aprendades a importancia que ten o esforzo para alcanzar os vosos soños.

Moitas grazas por facerme partícipe das vosas vidas!

Unha aperta moi forte para tod@s!

Ata sempre!!!