Hoxe pola tarde celebramos un novo festival de fin de curso no Pazo da cultura, baixo o título de "A Cristina dá a volta ao mundo". O tema central foron as músicas do mundo, con coreografías de diversos países. Os rapaces de sexto curso quixeron aportar como despedida o seu graniño de area, representando unha coreografía de acrosport.
Quero darlles as grazas e a noraboa a tod@s eles, polo seu esforzo durante todos estes días.O esforzo mereceu a pena!
Tamén, felicitar a nosa mestra de música Nerea, pola súa colaboración no desenvolvemento do Proxecto deportivo de centro ao longo deste curso que estamos a piques de rematar, e sobre todo, polo seu gran traballo na organización deste evento. Noraboa compañeira! Que luxo contar con profesionais coma ti!
Podedes ver algunhas fotografías do festival neste enlace de La Voz de Galicia-Carballo: FESTIVAL FIN DE CURSO
Foi impresionante!!!
ResponderEliminarEncantoume!!!