Como todos os anos, chega un dos momentos máis difíciles e duros do curso, a despedida do alumnado de sexto curso.
Para min non é nada fácil despedirme de vós, xa que, foron oito cursos moi intensos, onde disfrutei moito aportando o meu graniño de area na vosa formación como alumn@s, pero sobre todo, como persoas.
Ao longo destes anos, intentei dar o mellor de min e tentei ser o máis xusto posible con tod@s vós. Seguramente me equivocara moitas veces e tomara decisións que non vos gustaron, pero fixeno pensando no voso ben.
O meu único obxectivo foi facer que disfrutárades da actividade física e o deporte, e que teñades uns valores que vos axuden a mellorar o día de mañá.
Compartir tantas experiencias nas clases de educación física durante tantos cursos, fará que non me esqueza nunca de vós e botareivos moito de menos, porque o pasei realmente ben ao voso lado.
Espero que vos vaia todo xenial na vida, que saiades adiante e que aprendades a importancia que ten o esforzo para alcanzar os vosos soños.
Moitas grazas por facerme partícipe das vosas vidas!
Unha aperta moi forte para tod@s!
Ata sempre!!!
Moita sorte a tod@s!!!
ResponderEliminar