José Manuel Negreira Abelenda, alumno de 6º de E.Primaria, clasificouse por segundo ano consecutivo para o Campionato Galego de campo a través escolar , ao finalizar quinto na categoría infantil do Campionato Provincial disputado na mañá de hoxe, no circuito do parque de Acea da Ma(Culleredo),o cal, lle permitirá estar entre os mellores atletas galegos de campo a través en idade escolar.
Por cuarta vez na historia do noso colexio,un atleta representaranos no Campionato Galego, que se celebrará o vindeiro 17 de Febrerio na Pobra do Caramiñal ( A Coruña).
Tamén hai que destacar o bo papel de Martín Pérez Calvo, alumno de 5º de E.Primaria, na proba alevín masculino, xa que dou o mellor de sí, acadando una meritoria posición.
Noraboa os dous polo voso esforzo nun día moi duro para correr. Síntome moi orgulloso de poder aportar o meu pequeno graniño de area nesta aventura, na que vós, sodes os verdadeiros protagonistas.
Noraboa os nenos e tamen o profe..
ResponderEliminar👏👏👏👏
MOITAS GRAZAS!
ResponderEliminar