José Manuel Negreira finalizou na vixésimo sétima posición no Campionato Galego escolar de campo a través, celebrado na mañana de hoxe na Pobra do Caramiñal.
A participación foi dun altísimo nivel, sendo o noso centro dos poucos colexios de Galicia con representación neste Campionato.
José Manuel tivo que sobrepoñerse ás molestias na espalda que leva arrastrando nesta última semana, o cal, lle impediu dar o mellor de sí.
José Manuel tivo que sobrepoñerse ás molestias na espalda que leva arrastrando nesta última semana, o cal, lle impediu dar o mellor de sí.
Hai que destacar que neste Campionato, estaban presentes os sesenta e seis mellores atletas de categoría infantil de todo Galicia, polo que o posto acadado polo atleta do noso colexio, é moi meritorio.
Noraboa e moitas grazas polo teu esforzo e comportamento!!!
Con este campionato ponse punto final á temporada de campo a través por este curso, que en liñas xerais, pódese considerar de sobresaínte, xa que, o noso centro estivo presente por cuarta vez na súa historia,nas catro fases que se organizan na nosa Comunidade.
Quero darlle as grazas a tod@s os nen@s que participaron esta tempada nas distintas Fases, polo seu esforzo e comportamento, e animarvos, a seguir esforzándovos para intentar mellorar día.
Noravoa por todo o esforzo...
ResponderEliminarE un super campeon!!!
👏👏👏👏