María ten unha traxectoria deportiva inmaculada. Comezou a xogar no lendario Karbo
da Coruña con 13 anos, aínda que non puido disputar partidos oficiais
de fútbol ao non ter a idade mínima esixida, de 15. Adestraba cun equipo
que marcou unha época no fútbol feminino a nivel nacional.
O seu
primeiro club foi o Sal Lence de fútbol sala. Estivo oito campañas, ata a
98-99. No conxunto herculino conseguiu un título nacional de liga de
fútbol sala, tres Copas da Raíña e, ademais, catro galardoes coa
selección autonómica de Galicia.
Tamén formou parte en innumerables
oportunidades do combinados galego e nacional, e con este último formou
parte da primeira convocatoria oficial.
Ademais da do Sal Lence, tamén
vestiu as camisetas dos equipos Meirás (99-00, 01-02 e 03-04), Ourense
(00 e 01 e 01-02), en División de Honra, e Funeraria Apóstolo de
Santiago (04-05), en liga galega.
Moitas grazas María por ensinar aos nen@s o camiño a seguir!!!!
Gracias por traela...Rodri veu encantado..De camiño a casa non fixo outra cousa que falar dela...
ResponderEliminarGustoulle moitisimo...😍😍😍