BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

sábado, 20 de enero de 2018

PDC.A CRISTINA ESTARÁ DE NOVO NO CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

Por sétimo ano consecutivo, o noso centro estará presente no Campionato Provincial de Campo a través escolar, que se celebrará o vindeiro sábado 3 de Febreiro, no circuito de Acea da Ma( Culleredo)

Nunha mañá típica de campo a través,fría,con vento  e cun circuito esvaradizo,Martín Pérez e José Manuel Negreira acadaron o sexto e cuarto posto nas categorías alevín e infantil masculino, o que lles otorga o pase ao Campionato Provincial.

O resto dos nen@s que participaron, deron o mellor de sí, destacando o 4º posto dos equipos alevín feminino e infantil masculino.

Cabe recordar, que fomos o centro de Carballo con máis representación, 44 nen@s e cinco equipos, algo moi meritorio.

Quero darlle as grazas aos nen@s polo seu esforzo e comportamento, e as familias, pola súa inestimable colaboración durante toda a mañá.

Moitas grazas a tod@s!



FOTO DE GRUPO AO PÉ DA TORRE DE HÉRCULES


EQUIPO BENXAMÍN FEMININO


 EQUIPO BENXAMÍN MASCULINO


EQUIPO ALEVÍN  FEMININO 


EQUIPO ALEVÍN MASCULINO


EQUIPO INFANTIL MASCULINO


LAURA FOI A NOSA REPRESENTANTE NA CATEGORÍA INFANTIL FEMININO

CLASIFICACIÓNS

ATLETAS CLASIFICADOS PARA O CAMPIONATO PROVINCIAL

MARTÍN PÉREZ CALVO ( ALEVÍN MASCULINO)
JOSÉ MANUEL NEGREIRA ABELENDA ( INFANTIL MASCULINO)



NOTICIA NO DIARIO DE BERGANTIÑOS

3 comentarios:

  1. Noraboa a tod@s!!
    Merece a pena o esforzo..
    Asi da gusto!!!👏👏👏

    ResponderEliminar
  2. Parabens a tod@s.
    Orgullosa da gran participación dos nen@s da Cristina Porque como dixo Billie Jean King:"O deporte enseña a ter carácter,a seguir as reglas,a saber como se sinte ó gañar e perder:Enseñache sobre a vida."
    Esta muller foi unha precursora norteamericana,campeona de tenis e activista polo cambio social, en 1973 ameazou con boicotear o "Aberto de Tenis dos Estados Unidos" a menos que as mulleres recibiran un premio en diñeiro igual ó dos homes. Convirtíndose no primeiro gran torneo en ofrecer igualdad nas retibucións dos premios.


    ResponderEliminar