Un
curso máis, o departamento de Educación Física do centro, colaborou coa sección
de balonmán da Agrupación Deportiva Xiria, desenvolvendo durante a última
quincena do mes de Setembro, unhas sesións de iniciación a este deporte destinadas aos alumn@s de 2º,3º e 4º de E.Primaria, e que foron
impartidas polo adestrador Fernando
Vázquez.
Esta
actividade ten unha dobre intención, por un lado, que os clubs crezan
fomentando o deporte de base e por outro, preténdeselles facilitar aos
escolares o coñecemento dos recursos deportivos dispoñibles na súa poboación,
ofrecerles unha alternativa de ocupación para o seu tempo de ocio e fomentar a
práctica de actividade física da nosa poboación escolar, colaborar na
consecución de hábitos cada vez máis
Desta maneira estamos
creando un vínculo importante entre o centro escolar e a Agrupación Deportiva
Xiria.
Quero agradecerlle a
Fernando a súa disposición e bo facer cos rapaces, os cales, quedaron encantados.
Moitas grazas por darnos
a coñecer este deporte!
No hay comentarios:
Publicar un comentario