Neste novo curso, volveremos repetir a experiencia destes últimos anos participando no programa Xogade (Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar).
A nosa participación centrase no desenvolvemento de tres actividades englobadas dentro deste programa: a actividade deportiva (participación nas diferentes fases de campo a través), as actividades lúdicas e o programa Móvete +.
Coa nosa participación nestes tres programas, trátase de promover a actividade física e ao mesmo tempo incrementar a cantidade de exercicio físico dos nen@s, e ademais, que estes programas se convertan nunha plataforma de educación a través do deporte como unha oportunidade para educar e promover condutas e valores nos nosos alumn@s.
No hay comentarios:
Publicar un comentario