O vindeiro sábado 8 de xuño celebrarase na Praza do concello, entre as 17.00 as 19.30 horas," Xogar na rúa", onde os nen@s poderán participar nalgunha das 16 actividades que se ofertan, como son mini basket, xadrez, pista americana, hoquei en patins, xogos autóctonos, búfalo mecánico, atletismo ou capoeira. Neste último caso, tamén está prevista a celebración dunha pequena exhibición.
Xogar na Rúa cumpre xa 22 anos intentando mellorar e innovar na súa oferta pero mantendo o obxectivo de fomentar a práctica do deporte entre os nenos e nenas dos centros de ensino do municipio, servindo como peche ao programa Deporte na Escola, que inclúe as actividades de deporte municipal en idade escolar do curso 2012-2013 que se desenvolveron nos CEIP Fogar, A Cristina, Bergantiños, Nétoma-Razo, Xesús San Luís Romero, Gándara-Sofán e na ANPA A Braña de Rus.
No hay comentarios:
Publicar un comentario