O pasado venres, aproveitando a saída anual do Medio Ambiente que realizamos os alumn@s e os mestres do noso colexio á praia de Balarés ( Ponteceso), os nen@s de 2º e 3º Ciclo acompañados por varios mestres, fixemos unha ruta de sendeirismo desde Ponteceso ata a praia de Balarés, pasando polo estuario do río Anllóns e as dunas da Barra ao carón do Monte Branco.
Cando chegamos a Balarés, realizamos unha serie de xogos na praia, onde os nen@s disfrutaron das diversas actividades programadas.
A continuación, podedes disfrutar das fotografías da experiencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario