Un ano máis, o noso centro terá unha amplia representación na Fase Local de campo a través escolar, xa que, serán 82 atletas do noso centro,os que participarán o próximo venres 26 de xaneiro( sempre que as condicións metereolóxicas o permitan) nesta proba.
BENVIDA
Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .
" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...
Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".
martes, 23 de enero de 2024
FASE LOCAL CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR
lunes, 15 de enero de 2024
RECREOS ACTIVOS. IV LIGA ESCOLAR DE BALONCESTO 3X3
Hoxe comezou no noso centro a IV Liga escolar de baloncesto 3x3, que se desenvolverá ata mediados do mes de marzo nos recreos dos luns e venres.
Nela participará o alumnado de 3º ,4º ,5º e 6º de E.Primaria.
miércoles, 20 de diciembre de 2023
BOAS FESTAS A TODOS/AS!
Boas festas a todos/as!
viernes, 24 de noviembre de 2023
DATAS DAS FASES DE CAMPO A TRAVÉS ESOLAR 2023-2024
As datas previstas para as fases de Campo a través escolar 2023/2024 son as seguintes:
- Fase Local de Carballo : venres 26 de xaneiro do 2024, no circuito do Polígono Industrial de Bértoa.
- Campionato Provincial de centros escolares: venres 15 de marzo de 2024 en Porto do Son.
lunes, 13 de noviembre de 2023
COÑECE O MEU CLUB: ESCOLA BASKET XIRIA
Hoxe estiveron no noso centro Arturo e Jordi, adestradores do Basket Xiria, para facer unha presentación práctica e lúdica do seu deporte.
Hoxe tocoulle o turno ao alumnado de 1º,4º e 6º de Educación Primaria.
Esta actividade terá continuidade o mércores xoves desta semana co alumnado de 2º,3º,5º A e 5º B.
Moitas grazas a Arturo e Jordi por adicarnos parte do seu tempo a ensinarnos o seu deporte.
martes, 10 de octubre de 2023
COÑECE O MEU CLUB: ESCOLAS BALONMÁN XIRIA
Hoxe estivo no noso centro Zarra, adestrador das Escolas Balonmán Xiria,para facer unha presentación práctica e lúdica do seu deporte, explicar o funcionamento do club (localización, horarios de adestramento, competicións…)
Con este programa de Xogade ( Xogos deportivos en idade escolar) preténdese que os escolares do noso centro coñezan os recursos deportivos dispoñibles en Carballo. Ofrecéndolles así unha alternativa de ocupación para o seu tempo libre e fomentándose a práctica da actividade física entre a nosa poboación escolar. Con esta actividade desde o centro buscamos poñer en mans do noso alumnado a maior cantidade de recursos posibles, que lles axuden a conseguir uns hábitos cada vez máis activos e saudables, creando así un vínculo importante entre o centro e os clubs da nosa localidade.
Hoxe tocoulle o turno ao alumnado de 5º A e de 3º de Educación Primaria.
Esta actividade continuará mañá co alumnado de 2º,4º e 5º B, e o próximo luns, co alumnado de 1º e 6º de E.Primaria.
Moitas grazas a Zarra por adicarnos parte do seu tempo a ensinarnos o seu deporte.



















































