Hoxe estivo no noso centro Zarra, adestrador das Escolas Balonmán Xiria,para facer unha presentación práctica e lúdica do seu deporte, explicar o funcionamento do club (localización, horarios de adestramento, competicións…)
Con este programa de Xogade ( Xogos deportivos en idade escolar) preténdese que os escolares do noso centro coñezan os recursos deportivos dispoñibles en Carballo. Ofrecéndolles así unha alternativa de ocupación para o seu tempo libre e fomentándose a práctica da actividade física entre a nosa poboación escolar. Con esta actividade desde o centro buscamos poñer en mans do noso alumnado a maior cantidade de recursos posibles, que lles axuden a conseguir uns hábitos cada vez máis activos e saudables, creando así un vínculo importante entre o centro e os clubs da nosa localidade.
Hoxe tocoulle o turno ao alumnado de 5º A e de 3º de Educación Primaria.
Esta actividade continuará mañá co alumnado de 2º,4º e 5º B, e o próximo luns, co alumnado de 1º e 6º de E.Primaria.
Moitas grazas a Zarra por adicarnos parte do seu tempo a ensinarnos o seu deporte.
👏👏👏
ResponderEliminar