Finaliza un novo curso no que agardo que desfrutásedes das clases de educación física, e que no voso recordo, queden os bos momentos que pasamos.
Moitas grazas a todos/as por visitar o blog.
Finaliza un novo curso no que agardo que desfrutásedes das clases de educación física, e que no voso recordo, queden os bos momentos que pasamos.
Moitas grazas a todos/as por visitar o blog.
Espero que vos vaia todo moi ben nas vosas vidas, que saiades adiante e que aprendades a importancia que ten o esforzo para alcanzar os vosos soños.
Moitas grazas por facerme partícipe das vosas vidas!
Unha aperta moi forte para todos/as!
Ata sempre!!!
Lucía e Manuel proclamáronse campións das finais de quinto e sexto curso de E. Primaria do VIII Torneo de Bádminton da Cristina , que se disputou durante os meses de maio e xuño.
En sexto curso, Manuel logrou a victoria por dous sets a un ante Rodrigo (21-11,16-21 e 21-12).
Ao final do partidos, os finalistas recibiron sendos trofeos, e o resto dos participantes de cada curso, unha medalla de recordo.
Noraboa a tod@s!
O alumnado de sexto curso de E.Primaria desenvolveu hoxe unha actividade de introdución á disciplina de orientación, realizando unha carreira de orientación no entorno do parque do Anllóns.
Con esta actividade lúdica de iniciación o que se pretende é facilitar a inmersión do alumnado nesta modalidade deportiva de maneira lúdica e cooperativa, buscando como obxectivos:
Lucía,Adrián, Manuel e Rodrigo , clasificáronse para as finais de 5º e 6º de E.Primaria do VIII Torneo de Bádminton da Cristina 2023.
Durante esta semana estiveron no noso centro dous adestradores das Escolas Balonmán Xiria,Jorge e Zarra,para facer unha
presentación práctica e lúdica do seu deporte, explicar o funcionamento do club
(localización, horarios de adestramento, competicións…)
Con este programa de Xogade ( Xogos deportivos en idade escolar) preténdese que os escolares do noso centro coñezan os recursos deportivos dispoñibles en Carballo. Ofrecéndolles así unha alternativa de ocupación para o seu tempo libre e fomentándose a práctica da actividade física entre a nosa poboación escolar. Con esta actividade desde o centro buscamos poñer en mans do noso alumnado a maior cantidade de recursos posibles, que lles axuden a conseguir uns hábitos cada vez máis activos e saudables, creando así un vínculo importante entre o centro e os clubs da nosa localidade.
Esta actividade terá continuidade o próximo martes.