Durante esta semana estiveron no noso centro dous adestradores das Escolas Balonmán Xiria,Jorge e Zarra,para facer unha
presentación práctica e lúdica do seu deporte, explicar o funcionamento do club
(localización, horarios de adestramento, competicións…)
Con este programa de Xogade ( Xogos deportivos en idade escolar) preténdese que os escolares do noso centro coñezan os recursos deportivos dispoñibles en Carballo. Ofrecéndolles así unha alternativa de ocupación para o seu tempo libre e fomentándose a práctica da actividade física entre a nosa poboación escolar. Con esta actividade desde o centro buscamos poñer en mans do noso alumnado a maior cantidade de recursos posibles, que lles axuden a conseguir uns hábitos cada vez máis activos e saudables, creando así un vínculo importante entre o centro e os clubs da nosa localidade.
Esta actividade terá continuidade o próximo martes.
👏👏👏
ResponderEliminar