BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

miércoles, 4 de marzo de 2020

PDC. PRESENTACIÓN DO CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR


Carballo acolle este venres 6 de marzo o Campionato Provincial de Campo a Través de Centros Educativos, organizado pola Xunta de Galicia, dentro do programa Xogade, e o Concello de Carballo. Un total de 515 deportistas das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete de 66 centros escolares da provincia daranse cita na zona verde do polígono de Bértoa para empezar a competir ás 11.30 horas. Entre eles e elas estarán 19 escolares do noso concello( 12 do Ceip. A Cristina), que hoxe tiveron a oportunidade de reunirse co alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, nun acto que contou tamén coa presenza de Roberto García en representación da Secretaría Xeral para o Deporte.
O encontro celebrouse pola mañá no Pazo da Cultura, ata onde se desprazaron os alumnos e alumnas dos colexios da Cristina, Bergantiños, Fogar, Gándara-Sofán e Nétoma-Razo que conseguiron clasificarse para esta final provincial. Xunto a eles estiveron profesores e familias, para as que tamén foi o recoñecemento das autoridades.


lunes, 2 de marzo de 2020

PDC.CERVEXERÍA " LA BOMBONERA" SPONSORIZARÁ AOS NOSOS EQUIPOS NO CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

A Cervexería " La Bombonera", sponsorizará aos equipos benxamín e alevín  que participarán este venres  no Campionato Provincial  de campo a través escolar.

Os nosos atletas lucirán unhas camisetas doadas por este establecemento de hostalería.

Desde aquí, queremos agradecer a súa implicación no fomento do deporte de base.

Moitas grazas!




PDC. CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR


Hugo, Nico, Román, Abel, Adrián, Rodrigo, Tirso, Ángel, Leo, Issei, Manuel e Izan alumnos de 2º,3º,4º e 5º  de E.Primaria, representarán ao noso centro no Campionato Provincial de campo a través escolar, que se celebrará este venres, no circuito permanente do polígono industrial de Carballo

Todos chegan moi ilusionados á proba, aínda que conscientes da dificultade que entraña, xa que, neste campionato, tomarán parte os mellores atletas da provincia que se clasificaron nas fases intercomarcais da Coruña, Ferrol, Santiago e Noia.

Moita sorte campións!!!



NOTICIA NO DIARIO DE BERGANTIÑOS

viernes, 31 de enero de 2020

PDC.RECREOS ACTIVOS.ADESTRAMOS PARA O CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS


Ola a tod@s!

De cara a preparar o Campionato Provincial  de campo a través que se celebrará o próximo 6 de Marzo en Carballo, comezamos o próximo luns 3 de Febreiro os adestramentos.

Aqueles nenos que queiran  adestrar voluntariamente, poden achegarse nos recreos ao ximnasio para adestrar, sempre que as condicións metereolóxicas o permitan.

Adestraremos  todos  os luns, xoves e venres.

Anímate!

PDC. RELACIÓN DE CLASIFICADOS PARA O CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR


A Federación Galega de Atletismo acaba de publicar as clasificacións dos centros educativos que participaron no Campionato Intercomarcal  de campo a través escolar, e podemos dicir, que estamos de noraboa, xa que,  doce nenos do noso centro conseguiron clasificarse para o Campionato Provincial , que se celebrará o próximo venres 6 de Marzo en Carballo.

Noraboa a todos!


RELACIÓN DE CLASIFICADOS

BENXAMÍN MASCULINO
HUGO GARCÍA CASTRO
NICOLÁS LEMA FERNÁNDEZ
ROMÁN RAMA MARTÍNEZ
ABEL ANTELO FRAGA
ADRIÁN BUSTELO GARCÍA
RODRIGO RAMA MALLO

ALEVÍN  MASCULINO
TIRSO RAMOS VARELA
ÁNGEL TRIGO MATO
LEO LEMA FERNÁNDEZ
ISSEI  MATEO SUÁREZ KITAHORI
MANUEL GARCÍA CABEZA

lunes, 27 de enero de 2020

PDC. OLIMPIADA POLA PAZ


Hoxe iniciamos a primeira xornada da " Olimpiada pola Paz", aproveitando que esta semana se conmemora o Día Internacional da Paz e da non Violencia, sumando a todo isto, que a temática do noso centro este curso está relacionada cos Xogos Olímpicos. Esta actividade ten uns  obxectivos moi definidos, como compañeirismo, respecto, compromiso e capacidade de superación,etc...

Os nenos/as disfrutaron moito participando e animando aos seus compañeir@s.




sábado, 18 de enero de 2020

PDC.A CRISTINA PROCLAMOUSE CAMPIÓN INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS


CEIP. A CRISTINA BENXAMÍN CAMPIÓN INTERCOMARCAL

O equipo benxamín masculino de campo a través formado por Hugo García, Nicolás Lema, Román Rama, Rodrigo Rama, Abel Antelo, Gael Romero, Adrián Bustelo e Nicolás Pose, proclamouse por segunda vez na historia do noso centro, campión Intercomarcal de campo a través da zona da Coruña.

A este campionato hai que unir a medalla de prata de Hugo García e o quinto posto de Tirso Ramos  nas categorías benxamín e alevín masculino.

Tamén hai que destacar  o 4º posto ( 2º posto dos centros educativos) do equipo alevín masculino.

O resto dos nosos/as atletas estiveron a un gran nivel, deixando todos/as unha boa imaxe.

Con estos resultados,  o noso centro estará presente por noveno ano consecutivo no Campionato Provincial de Campo a través escolar, que se celebrará o  venres 6  de Marzo en Carballo.

Quero aproveitar esta entrada para agradecer aos nenos/as o seu esforzo e comportamento, e ás familias, a súa inestimable colaboración durante toda a mañá, na que as condicións metereolóxicas foron moi adversas.

MOITAS GRAZAS E NORABOA A TODOS/AS !!!



HUGO GARCÍA MEDALLA DE PRATA 
BENXAMÍN MASCULINO


FOTO DE TODO O GRUPO ANTES DA PROBA


EQUIPO BENXAMÍN FEMININO


EQUIPO BENXAMÍN MASCULINO


EQUIPO ALEVÍN FEMININO


EQUIPO ALEVÍN MASCULINO



TROFEO 1º CLASIFICADO BENXAMÍN MASCULINO





NOTICIA NO DIARIO DE BERGANTIÑOS