Carballo acolle este venres 6 de marzo o Campionato Provincial de Campo a Través de Centros Educativos, organizado pola Xunta de Galicia, dentro do programa Xogade, e o Concello de Carballo. Un total de 515 deportistas das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete de 66 centros escolares da provincia daranse cita na zona verde do polígono de Bértoa para empezar a competir ás 11.30 horas. Entre eles e elas estarán 19 escolares do noso concello( 12 do Ceip. A Cristina), que hoxe tiveron a oportunidade de reunirse co alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, nun acto que contou tamén coa presenza de Roberto García en representación da Secretaría Xeral para o Deporte.
O encontro celebrouse pola mañá no Pazo da Cultura, ata onde se desprazaron os alumnos e alumnas dos colexios da Cristina, Bergantiños, Fogar, Gándara-Sofán e Nétoma-Razo que conseguiron clasificarse para esta final provincial. Xunto a eles estiveron profesores e familias, para as que tamén foi o recoñecemento das autoridades.
Moita sorte a tod@s!!!!!
ResponderEliminar