BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

jueves, 31 de marzo de 2016

I CAMIÑO DOS FAROS INCLUSIVO



O máxico Camiño dos Faros, que une Malpica e Fisterra pola costa, pasará este sábado, día 2 de abril, unha nova fronteira que vai moito máis alá duns simples límites xeográficos. E é que, por vez primeira, a ruta ábrese ás persoas con diversidad funcional, dando así un paso máis en prol da inclusión social. A iniciativa partiu da Federación de Anpas da Costa da Morte e os Trasnos brindáronse a exercer como guías e colaboradores para iniciar o proxecto cun percorrido de Monte Branco a Ponteceso.

Anímate!!!

   

sábado, 19 de marzo de 2016

TORNEO DE BÁDMINTON 3º CICLO DE PRIMARIA

Os alumnos/as de 3º Ciclo de E.Primaria disfrutaron dun torneo de bádminton durante esta semana.Celebrouse na modalidade de parellas mixtas, e os nenos/as amosaron un grande nivel en tódolos partidos.

Noraboa a todo/as pola vosa participación e colaboración.

jueves, 17 de septiembre de 2015

COÑECEMOS OS CLUBS DO NOSO CONCELLO


Ao longo desta semana, os clubs Balonmán Xiria e Judo Club Bergantiños, están impartindo no noso centro unhas sesións  dos seus respectivos deportes, facendo unha presentación do seu deporte, e explicando o funcionamento dos seus  clubs (localización, horarios de adestramento, competicións...) e invitando os nenos e nenas  a compartir un dos seus adestramentos.

Con esta actividade o que pretendo por un lado, e que os clubs crezan fomentando o deporte de base e por outro,  facilitar aos nenos e nenas o coñecemento dos recursos deportivos dispoñibles no concello de Carballo, ofrecéndolles  unha alternativa de ocupación para o seu tempo de ocio, fomentando a práctica de actividade física dos nosos escolares,colaborando na consecución de hábitos cada vez máis activos.

Dende o departamento de educación física do centro, quero darlles as grazas a Fernando Vázquez(adestrador do Balonmán Xiria) e a David Anido( adestrador do Judo club Bergantiños) por adicarnos parte do seu tempo a coñecer estas dúas disciplinas deportivas.

Moitas grazas.

miércoles, 9 de septiembre de 2015

BENVIDOS AO CURSO 2015-2016!!!


Dende o Departamento de Educación Física do centro  douvos a benvida ao novo curso  escolar 2015-2016, en particular aos que chegan por primeira vez ao noso centro.

Espérovos mañá   para disfrutar movéndonos.

Ata pronto!!!

viernes, 19 de junio de 2015

BO VERÁN A TOD@S!


Finaliza un novo curso no que agardo que gozásedes das clases de educación física, e que no voso recordo, queden  os bos momentos que pasamos.

Moitas grazas a tod@s por visitar o blog.

Vémonos de novo o dez de Setembro para seguir "disfrutando movéndonos".

Un saúdo e bo verán a tod@s.