BENVIDA
Ola a tod@s!
Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .
" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...
Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".
Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .
" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...
Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".
martes, 16 de febrero de 2016
jueves, 17 de septiembre de 2015
COÑECEMOS OS CLUBS DO NOSO CONCELLO
Ao longo desta semana, os clubs Balonmán Xiria e Judo Club Bergantiños, están impartindo no noso centro unhas sesións dos seus respectivos deportes, facendo unha
presentación do seu deporte, e explicando o funcionamento dos seus clubs (localización,
horarios de adestramento, competicións...) e invitando os nenos e nenas a compartir
un dos seus adestramentos.
Dende o departamento de educación física do centro, quero darlles as grazas a Fernando Vázquez(adestrador do Balonmán Xiria) e a David Anido( adestrador do Judo club Bergantiños) por adicarnos parte do seu tempo a coñecer estas dúas disciplinas deportivas.
Moitas grazas.
miércoles, 9 de septiembre de 2015
BENVIDOS AO CURSO 2015-2016!!!
Dende o Departamento de Educación Física do centro douvos a benvida ao novo curso escolar 2015-2016, en particular aos que chegan por primeira vez ao noso centro.
Espérovos mañá para disfrutar movéndonos.
Ata pronto!!!
viernes, 19 de junio de 2015
BO VERÁN A TOD@S!
Moitas grazas a tod@s por visitar o blog.
Vémonos de novo o dez de Setembro para seguir "disfrutando movéndonos".
Un saúdo e bo verán a tod@s.
jueves, 18 de junio de 2015
DESPEDIDA DOS ALUMN@S DE 6º DE E.PRIMARIA
Ensinarás a voar ,pero non voarán o teu voo.
Ensinarás a soñar ,pero non soñarán o teu sono.
Ensinarás a vivir, pero non vivirán a túa vida.
Pero cada vez que voedes, pensedes, soñedes, cantedes e vivades...
perdurará a pegada do camiño ensinado e aprendido.
Moitas grazas por facerme partícipe dos vosos camiños.
miércoles, 17 de junio de 2015
O CEIP A CRISTINA ESTARÁ PRESENTE NOS 10 K DE CARBALLO
O noso colexio terá unha nutrida representación na V Carreira Popular 10 Km Concello de Carballo que se celebrará este próximo domingo.
En total, serán 60 atletas os que representen ao noso centro nas diversas categorías.
Agardo que os nen@s disfruten dunha mañá deportiva, na que as rúas de Carballo, se convertirán nunha auténtica festa do atletismo.
martes, 9 de junio de 2015
XOGAR NA RÚA 2015
Xogar na Rúa cumpre 24 anos e pecha un ano máis o programa de Deporte
Municipal en idade escolar.
O deporte tomará as rúas de Carballo este próximo sábado a partir das
17.00 horas con 16 actividades,como son: mini basket, xadrez, pista
americana, hoquei, xogos autóctonos, búfalo mecánico,atletismo, ciclismo ou capoeira,
entre outras.
Anímate e participa!!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





