BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

jueves, 5 de marzo de 2015

I CARREIRA POPULAR "DE DOUS EN DOUS"


O Atletismo Carballo, en colaboración co Concello de Carballo  organiza a Iª Carreira Popular por parellas “DE DOUS EN DOUS” que se celebrará o vindeiro 11 de Abril do 2015. Esta proba, terá un carácter solidario á favor dos máis desfavorecidos e será nocturna. Proba oficial da F.G.A.

CIRCUITO: a saída de tódalas probas estará na rúa Gran Vía á altura da rúa Álvarez de Sotomayor.
INSCRICIÓNS: as inscripcións pecharanse unha semana antes da proba, o 4 de abril do 2015 e haberá un tope de 600 participantes.

Serán gratuitas para todas as categorías, coa opción “non obrigatoria e solidaria” de entregar un litro ou Kilo de comida non perecedeira ó recoller o dorsal en beneficio de Cruz Roja e Cáritas.

RECOLLIDA DE DORSAIS: farase no primeiro andar do Mercado Municipal de abastos da praza do Concello de Carballo a partir das 16:00 h. do día da carreira.

PARTICIPANTES CON DIVERSIDADE FUNCIONAL:
1º.- As persoas con diversidade funcional poderanse rexistrar nunha distancia inmediatamente inferior da idade correspondente, se o xulgan oportuno. Así o farán saber á organización ou mediante un mail a info@carreirasgalegas.com.
2º.- Os participantes con diversidade funcional poderán ir acompañados ou utilizar os instrumentos necesarios para o seu desplazamento durante todo o percorrido na forma que decidan máis conveniente.

PREMIOS:
  • Categoría Pitufo: terán medalla tódolos participantes.
  • Categoría Benxamín feminino e masculino: trofeos para os tres primeiros/as  corredores/as e medallas para tódolos participantes.
  • Categoría Alevín feminino e masculino: trofeos para os tres primeiros/as  corredores/as e medallas para tódolos participantes.
  • Categoría Infantil feminino e masculino: trofeos para os tres primeiros/as  corredores/as e medallas para tódolos participantes.
  • Categoría Cadete feminino e masculino: trofeos para os tres primeiros/as  corredores/as.
- POR PARELLAS:
  • Trofeos para os tres primeiros equipos masculinos.
  • Trofeos para os tres primeiros equipos femininos.
  • Trofeos para os tres primeiros equipos mixtos.
  • Trofeos para os tres primeiros equipos masculinos, femininos ou mixtos que superen os 100 anos entre os dous. 
 Anímate e participa!!! Non o penses, corre!!!

martes, 10 de febrero de 2015

XURXO PENA CLASIFICOUSE PARA O CAMPIONATO GALEGO DE PISTA CUBERTA

Xurxo Pena, alumno de 4º de E.Primaria,logrou a marca mínima para participar nos 50 metros lisos no Campionato Galego de pista cuberta, que terá lugar o vindeiro sábado  no Pazo de Deportes de Riazor( A Coruña).

Moita sorte e noraboa!!!! 




domingo, 8 de febrero de 2015

PLATAFORMA DAFIS (Datos sobre a Valoración da Condición Física Saudable)



O noso colexio como centro participante no Plan Proxecta de Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, acaba de dar un paso máis dentro deste proxecto, marcándose como un novo obxectivo, que o alumnado do centro adquira e consolide unha vida activa e saudable. Para iso, unha das actuacións consideradas neste programa educativo, é a valoración da condición física saudable do seu alumnado, cuxos datos serán recollidos e analizados na Plataforma DAFIS.

A Plataforma D.A.F.I.S é unha aplicación informática que permite ao especialista de educación física unha xestión eficaz dos datos do seu alumnado sobre a súa condición física saudable, facilitándolle unha información de calidade para unha posterior toma de decisións tanto nas súas clases de Educación Física coma noutras actividades de promoción da saúde a través da práctica regular de actividade física.

Durante as próximas semanas os alumnos/as dos seis cursos de  Educación Primaria realizarán unha serie de probas seguindo un protocolo no que se valorará: a composición corporal, a forza máxima isométrica, a forza explosiva do tren inferior, a flexibilidade; a velocidade, axilidade e coordinación; a resistencia á forza do tren superior e a resistencia - cardiorespiratoria.

BO PAPEL DE LAURA VILARIÑO E LUCÍA CARRO NO CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS



Laura Vilariño e Lucía Carro, alumnas de 3º e 5º  de E.Primaria, finalizaron nos postos 19º e 34 º, no Campionato Provincial de Campo a través escolar, celebrado na mañá de onte no circuito da praia de Cabío( A Pobra do Caramiñal).

O postos acadados polas dúas  atletas do noso centro son moi meritorios, xa que, neste Campionato, estaban representadas as mellores atletas da categoría benxamín e alevín da provincia de A Coruña.

Con esta proba  finaliza a nosa participación nos campionatos de campo a través escolar, onde o noso centro estivo presente por quinto ano consecutivo, nas fases Local, Intercomarcal e Provincial.

Desde aquí, quero agradecerlle a tódol@s atletas do noso centro que participaron nas mesmas,o esforzo e comportamento amosado.

Moitas grazas a tod@s!!!!

lunes, 2 de febrero de 2015

INFORMACIÓN SOBRE O CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR


Lucía Carro Rodríguez e Laura Vilariño Cabeza, alumnas de 5º e 3º de E.Primaria, representarán ao noso centro no Campionato Provincial de campo a través escolar, que se celebrará este vindeiro sábado, no circuito da praia de Cabío ( A Pobra do Caramiñal) 

Este campionato é clasificatorio para o Campionato Galego, que terá lugar o sábado 21 de Febreiro en Monterrei( Ourense).

Lucía e Laura chegan moi ilusionadas á proba, aínda que son conscientes da dificultade que entraña, xa que, neste campionato, tomarán parte @s mellores atletas da provincia que se clasificaron nas fases intercomarcais da Coruña, Ferrol, Santiago e Noia.

Moita sorte campionas!!!

EDUCACIÓN FÍSICA PARA UNA VIDA MÁS PROLONGADA, SALUDABLE, SATISFACTORIA Y PRODUCTIVA


Artigo moi interesante referente á Educación Física, publicado pola UNESCO(preme no enlace inferior)


sábado, 24 de enero de 2015

BOA ACTUACIÓN D@S ATLETAS DO NOSO COLEXIO NO CAMPIONATO INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS



Se díficil é chegar, moito máis é manterse, é iso é o que levan facendo os  atletas do noso colexio durante estos últimos  anos, xa que,por quinto ano consecutivo, o noso centro estará presente no Campionato Provincial de Campo a través escolar, que se celebrará o vindeiro sábado 7 de Febreiro na Pobra do Caramiñal.

Aínda que todos os nos@s atletas estiveron a un gran nivel, hai que destacar a medalla de prata colleitada por Laura Vilariño na categoría Benxamín Feminino, a medalla de bronce do equipo Benxamín masculino e a clasificación individual de Lucía Carro(5ª) na categoría alevín feminino.

O resto dos nen@s que participaron, deron o mellor de sí, destacando o 4º posto dos equipos alevín masculino e feminino,e o quinto do benxamín feminino.

Cabe recordar, que fomos o centro de Carballo con máis representación, 33 nen@s e cinco equipos, algo moi meritorio.

Quero darlle as grazas aos nen@s  polo seu esforzo e comportamento, e as familias, pola súa colaboración durante toda a mañá.

Moitas grazas a tod@s!!!


ATLETAS CLASIFICAD@S PARA O CAMPIONATO PROVINCIAL 
LAURA VILARIÑO CABEZA
LUCÍA CARRO RODRÍGUEZ