BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

domingo, 8 de febrero de 2015

PLATAFORMA DAFIS (Datos sobre a Valoración da Condición Física Saudable)



O noso colexio como centro participante no Plan Proxecta de Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, acaba de dar un paso máis dentro deste proxecto, marcándose como un novo obxectivo, que o alumnado do centro adquira e consolide unha vida activa e saudable. Para iso, unha das actuacións consideradas neste programa educativo, é a valoración da condición física saudable do seu alumnado, cuxos datos serán recollidos e analizados na Plataforma DAFIS.

A Plataforma D.A.F.I.S é unha aplicación informática que permite ao especialista de educación física unha xestión eficaz dos datos do seu alumnado sobre a súa condición física saudable, facilitándolle unha información de calidade para unha posterior toma de decisións tanto nas súas clases de Educación Física coma noutras actividades de promoción da saúde a través da práctica regular de actividade física.

Durante as próximas semanas os alumnos/as dos seis cursos de  Educación Primaria realizarán unha serie de probas seguindo un protocolo no que se valorará: a composición corporal, a forza máxima isométrica, a forza explosiva do tren inferior, a flexibilidade; a velocidade, axilidade e coordinación; a resistencia á forza do tren superior e a resistencia - cardiorespiratoria.

No hay comentarios:

Publicar un comentario