BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

jueves, 11 de septiembre de 2014

PRESENTACIÓN DA ÁREA DE EDUCACIÓN FÍSICA




Estimad@s pais/nais:


A área de Educación Física está encamiñada a conseguir o desenvolvemento persoal e unha mellor calidade de vida dos vosos fillos/as.


O ensino da Educación Física vai  orientado ao coidado do corpo, da saúde, da mellora corporal e da utilización constructiva do lecer.

Para conseguir unha eficaz aprendizaxe, pediríavos que colaborásedes nos seguintes puntos:

1) Os vosos fillos/as deberán traer unha vestimenta adecuada (chándal ou roupa deportiva e zapatillas de deporte) para evitar posibles lesións.

3) Os alumnos/as  traerán unha botella de auga pequena e unha bolsa de aseo con polo menos: toalla pequena, xabón, peite ou cepillo e unha camiseta para cambiarse (opcional en 1º e 2º curso); desta forma fomentaremos o coidado hixiénico dos nosos escolares, ademais de evitar posibles resfriados, enfriamientos, etc ...


4) Aqueles alumnos/as con problemas físicos dalgún tipo deben notificalo, a efectos de recibir unha Educación Física acorde ás súas posibilidades. No caso de que teñan algunha certificación ou informe médico, remitir unha copia ao mestre de Educación Física.


Os criterios de avaliación que se van a empregar á hora de valorar ao alumno/a incidirán en dous aspectos:
 
  • A actitude ante a materia e os hábitos de hixiene, que se medirán a través da observación directa do alumn@ (70% da nota en primeiro e segundo nivel; 60% en terceiro e cuarto nivel   e un 50% en quinto e sexto nivel).

  • A aptitude física do alumno/a que se medirá a través da observación directa dos exercicios realizados ao longo das clases, e a través das diferentes probas e exames que se realizarán (30% da nota en primeiro e segundo nivel; 40% en terceiro e cuarto nivel   e un 50% en quinto sexto  nivel)

O  blog de Educación física:"Disfrutamos movéndonos ”seguirá sendo unha ferramenta máis de información e traballo nas nosas clases de educación física.


Moitas grazas pola súa colaboración.

lunes, 1 de septiembre de 2014

BENVID@S AO CURSO 2014-2015!!!


Benvid@s ao novo curso  escolar 2014-2015, en particular aos que chegades por primeira vez ao noso centro.

Espérovos o 10 de setembro para disfrutar movéndonos.

Ata pronto!!!

viernes, 20 de junio de 2014

BO VERÁN A TOD@S!


Finaliza un novo curso no que agardo que gozásedes das clases de educación física, e que no voso recordo, queden  os bos momentos que pasamos.

Moitas grazas a tod@s por visitar o blog e enriquecelo cos vosos comentarios e aportacións.

Vémonos de novo en Setembro para seguir "disfrutando movéndonos".

Un saúdo e bo verán a tod@s.

martes, 17 de junio de 2014

DESPEDIDA DOS ALUMN@S DE SEXTO DE E.PRIMARIA




Foi para min moi gratificante tervos como alumn@s, xa que hoxe máis que nunca estou convencido de que o agradecemento e o cariño reflectidos nas vosas miradas durante a vosa gradación, fai que o traballo de mestre sexa máis placentero e agradezo a cada un de vós  que neste momento  me sinta orgulloso e satisfeito da miña profesión.

Debedes estar moi orgullosos polo alcanzado, pois  chegades a cumprir   unha meta, pero non ao final do camiño. Aínda queda un longo treito por percorrer, moitas metas máis por descubrir; debedes seguir loitando e esforzándovos por alcanzar os vosos soños paso a paso, vencendo cada un dos obstáculos que teredes que atravesar, pero non será doado, pois en ocasións haberá caídas, algunhas dolorosas outras non tanto, pero non esquezades levantarvos, pois con cada caída aprenderedes e gañaredes experiencia que é o que nos fai crecer como persoas.

Moitas grazas por todo.

Ata pronto!

domingo, 15 de junio de 2014

GRAN PAPEL DOS NOS@S ATLETAS NA IV CARREIRA POPULAR DE CARBALLO

@s atletas do noso colexio que participaron na IV Carreira Popular Concello de Carballo, realizaron un gran papel ao igual que en anos anteriores.

Aínda que tod@s estiveron moi ben, quedando a maioría entre os dez primeir@s clasificados, hai que destacar o terceiro posto de Nana Suárez e Lucía Carro, nas categorías benxamín e alevín feminino.

Noraboa a tod@s polo voso esforzo e comportamento.

lunes, 9 de junio de 2014

A CRISTINA ESTARÁ PRESENTE NA IV CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CARBALLO


Un ano máis, A Cristina estará presente cun nutrido grupo de atletas na IV Carreira Popular Concello de Carballo.

Participarán nas categorías benxamín, alevín e infantil masculino e feminino.

Os horarios orientativos das probas son os seguintes:
  • Alevín:         1.600 m.    10:00 horas
  • Infantil:        2.000 m.    10:20 horas
  • Benxamín:   1000 m      12:05 horas

sábado, 7 de junio de 2014

DESTACADO PAPEL DE XURXO PENA NO CAMPIONATO GALEGO DE PISTA AO AIRE LIBRE

Xurxo Pena, atleta do Atletismo Carballo, e alumno de terceiro de E.Primaria, rematou  sétimo no Campionato Galego de pista ao aire libre, celebrado está mañá nas pistas do estadio de Balaídos( Vigo).

Noraboa!!!