Estimad@s pais/nais:
A área de Educación Física está encamiñada a conseguir o desenvolvemento persoal e unha mellor calidade de vida dos vosos fillos/as.
O ensino da Educación Física vai orientado ao coidado do corpo, da saúde, da mellora corporal e da utilización constructiva do lecer.
Para conseguir unha eficaz aprendizaxe, pediríavos que colaborásedes nos seguintes puntos:
1) Os vosos fillos/as deberán traer unha vestimenta adecuada (chándal ou roupa deportiva e zapatillas de deporte) para evitar posibles lesións.
3) Os alumnos/as traerán unha botella de auga pequena e unha bolsa de aseo con polo menos: toalla pequena, xabón, peite ou cepillo e unha camiseta para cambiarse (opcional en 1º e 2º curso); desta forma fomentaremos o coidado hixiénico dos nosos escolares, ademais de evitar posibles resfriados, enfriamientos, etc ...
4) Aqueles alumnos/as con problemas físicos dalgún tipo deben notificalo, a efectos de recibir unha Educación Física acorde ás súas posibilidades. No caso de que teñan algunha certificación ou informe médico, remitir unha copia ao mestre de Educación Física.
Os criterios de
avaliación que se van a empregar á hora de valorar ao alumno/a
incidirán en dous aspectos:
- A actitude ante a materia e os hábitos de hixiene, que se medirán a través da observación directa do alumn@ (70% da nota en primeiro e segundo nivel; 60% en terceiro e cuarto nivel e un 50% en quinto e sexto nivel).
- A aptitude física do alumno/a que se medirá a través da observación directa dos exercicios realizados ao longo das clases, e a través das diferentes probas e exames que se realizarán (30% da nota en primeiro e segundo nivel; 40% en terceiro e cuarto nivel e un 50% en quinto sexto nivel)
O
blog de Educación física:"Disfrutamos
movéndonos ”seguirá sendo unha ferramenta máis de información e traballo nas nosas clases
de educación física.
Moitas grazas pola súa colaboración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario