BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

martes, 24 de septiembre de 2013

XOGADE 2013-2014


Neste novo curso, volveremos repetir a experiencia destes últimos anos participando no programa Xogade (Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar).
 
A nosa participación centrase no desenvolvemento de tres actividades englobadas dentro deste programa: a actividade deportiva (participación nas diferentes fases de campo a través), as actividades lúdicas e o programa Móvete +.

Coa nosa participación nestes tres programas, trátase de promover  a actividade física e ao mesmo tempo incrementar a cantidade de exercicio físico dos nen@s, e ademais, que estes programas se convertan nunha plataforma de educación a través do deporte como unha oportunidade para educar e promover condutas e valores nos nosos alumn@s. 

martes, 3 de septiembre de 2013

Benvidos ao curso 2013-2014!!!!


Dende o Departamento de Educación Física do centro  douvos a benvida ao novo curso  escolar 2013-2014, en particular aos que chegan por primeira vez ao noso centro.

Espérovos o 11 de setembro para disfrutar movéndonos.

Ata pronto!!!

jueves, 20 de junio de 2013

BO VERÁN A TOD@S


Finaliza un novo curso no que agardo que gozásedes das clases de educación física, e que no voso recordo, queden  os bos momentos que pasamos.

Moitas grazas a tod@s por visitar o blog e enriquecelo cos vosos comentarios e aportacións.

Vémonos de novo en Setembro para seguir "disfrutando movéndonos".

Un saúdo e bo verán a tod@s.

miércoles, 19 de junio de 2013

DESPEDIDA DOS ALUMN@S DE 6º DE E.PRIMARIA



Cruzámonos por primeira vez en 3º de E. Primaria, coincidindo coa miña incorporación ao centro. Durante este tempo,vin como iades crecendo, para saír de aquí unhas persoas "case maiores", pero en todo caso cunha personalidade que comeza a estar definida en cada un de vós.

Espero que
aprendérades durante estos catro anos o importante que é a educación física na vosa formación  como persoas, pero o que espero, é que no corazón ou onde se almacenen os vosos sentimentos quede plantada unha pequena semente no voso xeito de pensar, de ver e de actuar. Se esta semente algún día prende e fai que se acorde de min, gustaríame que fose para ben, que recordedes os bos momentos que pasamos durante as clases de educación física e que borredes os malos.

No transcurso das vosas vidas encontrarédesvos de todo. A vida irá xirando como unha roda. Pero o máis importante neste tempo é formar a vosa personalidade e definir o voso camiño na vida, partindo destas sementes que recibistes no noso colexio.

Grazas por todo, grazas por vir, grazas por estar, grazas por rir, grazas por gozar das clases, grazas polo voso esforzo, grazas pola vosa actitude, grazas pola vosa colaboración,grazas por encher de vida o ximnasio, e agardo que nos volvamos ver nalgún momento.
¡Ata moi pronto!

PSICOMOTRICIDADE: UNS COMEZAN, OUTROS REMATAN.

lunes, 17 de junio de 2013

BUSCA DO TESOURO DA CRISTINA

Os alumn@s de quinto e sexto de E.Primaria,despois de moito buscar,encontraron os tesouros que se encontraban escondidos no noso colexio.