BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

lunes, 15 de enero de 2024

RECREOS ACTIVOS. IV LIGA ESCOLAR DE BALONCESTO 3X3

Hoxe comezou no noso centro a IV Liga escolar de baloncesto 3x3, que se desenvolverá ata mediados do mes de marzo nos recreos dos luns e venres.

Esta  iniciativa  está organizada polo Basket Xiria, coa intención de facer uns recreos máis saudables e entretidos.

Nela participará o alumnado de 3º ,4º ,5º e 6º de E.Primaria.


miércoles, 20 de diciembre de 2023

BOAS FESTAS A TODOS/AS!

 

 

Quero aproveitar estas datas, para desexarvos un bo Nadal e un deportivo 2024.

Boas festas a todos/as!

viernes, 24 de noviembre de 2023

DATAS DAS FASES DE CAMPO A TRAVÉS ESOLAR 2023-2024

 


As datas previstas  para  as fases de Campo a través escolar 2023/2024 son as seguintes:

  • Fase Local de Carballo : venres 26 de xaneiro do 2024, no circuito do Polígono  Industrial de Bértoa.
  • Campionato Provincial de centros escolares: venres 15 de marzo de 2024 en Porto do Son.

lunes, 13 de noviembre de 2023

COÑECE O MEU CLUB: ESCOLA BASKET XIRIA


Hoxe estiveron no noso centro Arturo e Jordi, adestradores do Basket  Xiria, para facer unha presentación práctica e lúdica do seu deporte.

Hoxe tocoulle o turno ao alumnado de 1º,4º e 6º de Educación Primaria.

Esta actividade terá continuidade o mércores  xoves desta semana co alumnado de 2º,3º,5º A e 5º B.

Moitas grazas a Arturo e Jordi por adicarnos parte do seu tempo a ensinarnos o seu deporte.


martes, 10 de octubre de 2023

COÑECE O MEU CLUB: ESCOLAS BALONMÁN XIRIA

Hoxe estivo no noso centro Zarra, adestrador das Escolas Balonmán Xiria,para facer unha presentación práctica e lúdica do seu deporte, explicar o funcionamento do club (localización, horarios de adestramento, competicións…)

Con este programa de Xogade ( Xogos deportivos en idade escolar) preténdese que os escolares do noso centro coñezan os recursos deportivos dispoñibles en Carballo. Ofrecéndolles así unha alternativa de ocupación para o seu tempo libre e fomentándose a práctica da actividade física entre a nosa poboación escolar. Con esta actividade desde o centro buscamos poñer en mans do noso alumnado a maior cantidade de recursos posibles, que lles axuden a conseguir uns hábitos cada vez máis activos e saudables, creando así un vínculo importante entre o centro e os clubs da nosa localidade.

Hoxe tocoulle o turno ao alumnado de 5º A e de 3º de Educación Primaria.

Esta actividade continuará mañá co alumnado de 2º,4º e 5º B, e o próximo luns, co alumnado de 1º e 6º de E.Primaria.

Moitas grazas a Zarra por adicarnos parte do seu tempo a ensinarnos o seu deporte.