BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

lunes, 13 de noviembre de 2023

COÑECE O MEU CLUB: ESCOLA BASKET XIRIA


Hoxe estiveron no noso centro Arturo e Jordi, adestradores do Basket  Xiria, para facer unha presentación práctica e lúdica do seu deporte.

Hoxe tocoulle o turno ao alumnado de 1º,4º e 6º de Educación Primaria.

Esta actividade terá continuidade o mércores  xoves desta semana co alumnado de 2º,3º,5º A e 5º B.

Moitas grazas a Arturo e Jordi por adicarnos parte do seu tempo a ensinarnos o seu deporte.


martes, 10 de octubre de 2023

COÑECE O MEU CLUB: ESCOLAS BALONMÁN XIRIA

Hoxe estivo no noso centro Zarra, adestrador das Escolas Balonmán Xiria,para facer unha presentación práctica e lúdica do seu deporte, explicar o funcionamento do club (localización, horarios de adestramento, competicións…)

Con este programa de Xogade ( Xogos deportivos en idade escolar) preténdese que os escolares do noso centro coñezan os recursos deportivos dispoñibles en Carballo. Ofrecéndolles así unha alternativa de ocupación para o seu tempo libre e fomentándose a práctica da actividade física entre a nosa poboación escolar. Con esta actividade desde o centro buscamos poñer en mans do noso alumnado a maior cantidade de recursos posibles, que lles axuden a conseguir uns hábitos cada vez máis activos e saudables, creando así un vínculo importante entre o centro e os clubs da nosa localidade.

Hoxe tocoulle o turno ao alumnado de 5º A e de 3º de Educación Primaria.

Esta actividade continuará mañá co alumnado de 2º,4º e 5º B, e o próximo luns, co alumnado de 1º e 6º de E.Primaria.

Moitas grazas a Zarra por adicarnos parte do seu tempo a ensinarnos o seu deporte.

















domingo, 3 de septiembre de 2023

BENVIDOS/AS AO CURSO 2023-2024


Plufi quere darvos a benvida ao novo curso escolar 2023-2024, en particular aos que chegades por primeira vez ao noso centro.


Espérovos o luns día 11 deste mes, para desfrutar movéndonos.

Ata moi pronto!

miércoles, 21 de junio de 2023

BO VERÁN A TODOS/AS!

 


Finaliza un novo curso no que agardo que desfrutásedes das clases de educación física, e que no voso recordo, queden  os bos momentos que pasamos.

Moitas grazas a todos/as por visitar o blog.

Vémonos de novo o 11 de Setembro para seguir "desfrutando movéndonos".
Unha aperta moi grande e bo verán a todos/as.

martes, 20 de junio de 2023

DESPEDIDA DO ALUMNADO DE SEXTO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Un curso máis, e xa van catorce neste colexio, chegou o momento de despedirme do alumnado de sexto curso.

Foron nove cursos compartindo con vós moitos momentos,onde disfrutei moito aportando o meu graniño de area na vosa formación como alumnos/as, pero sobre todo, como persoas.
 
O meu principal obxectivo foi facer que disfrutárades da actividade física e o deporte, e que ao final desta etapa teñades uns valores que vos axuden a mellorar o día de mañá.

Espero que vos vaia todo moi ben nas vosas vidas, que saiades adiante e que aprendades a importancia que ten o esforzo para alcanzar os vosos soños. 

Moitas grazas por facerme partícipe das vosas vidas!

Unha aperta moi forte para todos/as!

Ata sempre!!!

jueves, 15 de junio de 2023

LUCÍA E MANUEL CAMPIÓNS DO VIII TORNEO DE BÁDMINTON DA CRISTINA

 Lucía e Manuel proclamáronse campións das finais de quinto e sexto curso  de E. Primaria do VIII Torneo de Bádminton da Cristina , que se disputou durante os  meses de maio e xuño.

 Na final de quinto curso, Lucía  gañou por dous sets a cero a Adrián ( 21-14 e 21-13).

En sexto curso, Manuel logrou a victoria por dous sets a un ante  Rodrigo (21-11,16-21 e 21-12).

Ao final do partidos, os  finalistas recibiron sendos trofeos, e o  resto dos participantes de  cada curso, unha medalla de recordo.

Noraboa a tod@s!