BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

viernes, 9 de junio de 2023

ORIENTACIÓN NA ESCOLA

O alumnado de sexto curso de E.Primaria desenvolveu hoxe unha actividade de introdución á disciplina de orientación, realizando unha carreira de orientación no entorno do parque do Anllóns.

Con esta actividade lúdica de iniciación o que se pretende é facilitar a inmersión do alumnado nesta modalidade deportiva de maneira lúdica e cooperativa, buscando como obxectivos:

  • Ofrecerlles  unha alternativa máis para o uso e gozo do seu tempo libre.
  • Desenvolver diferentes aprendizaxes que poidan extrapolarse posteriormente para poder ser empregadas en diferentes situacións cotiás.
  • Conciencialos da necesidade de coidar e manter os espazos naturais.
  • Fomentar a colaboración entre eles/elas e a capacidade de traballo en grupo.
  • Aprender a interpretar diferentes tipos de planos.

 
























jueves, 8 de junio de 2023

FINALISTAS DO VIII TORNEO DE BÁDMINTON DA CRISTINA 2023

 


Lucía,Adrián, Manuel e Rodrigo , clasificáronse para as  finais de 5º e 6º de E.Primaria do VIII Torneo de Bádminton da Cristina 2023.

Os resultados dos partidos de semifinais foron os seguintes:
  • Irina & Adrián  : 19-21,14-21.
  • Lucía & Abel: 14-21, 21-19, 21-17.
  • Judith & Manuel: 16-21, 21-11,20-22.
  • Uxía & Rodrigo: 21-19, 11-21,20-22.
O martes e xoves da  semana que vén terán lugar as dúas finais.

Moita sorte para todos/as!

jueves, 25 de mayo de 2023

COÑECE O MEU CLUB: ESCOLAS BALONMÁN XIRIA

 

Durante esta semana estiveron no noso centro dous adestradores das Escolas Balonmán Xiria,Jorge e Zarra,para facer unha presentación práctica e lúdica do seu deporte, explicar o funcionamento do club (localización, horarios de adestramento, competicións…)

Con este programa de Xogade ( Xogos deportivos en idade escolar) preténdese que os escolares do noso centro coñezan os recursos deportivos dispoñibles en Carballo. Ofrecéndolles así unha alternativa de ocupación para o seu tempo libre e fomentándose a práctica da actividade física entre a nosa poboación escolar. Con esta actividade desde o centro buscamos poñer en mans do noso alumnado a maior cantidade de recursos posibles, que lles axuden a conseguir uns hábitos cada vez máis activos e saudables, creando así un vínculo importante entre o centro e os clubs da nosa localidade.

Esta actividade terá continuidade o próximo martes.













martes, 23 de mayo de 2023

XI CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CARBALLO


O próximo domingo 4 de Xuño celebrase a XI CARREIRA POPULAR DE CARBALLO. Se estás interesado/a en participar, tes ata o mércores 31 de Maio para realizar a inscrición no seguinte enlace:

INSCRICIÓN

martes, 16 de mayo de 2023

VI CARREIRA POLA LINGUA DA CRISTINA

 Para conmemorar o Día das Letras Galegas, hoxe celebramos na pista polideportiva do noso colexio, a "VI Carreira pola Lingua do Ceip. A Cristina",na que participou todo o alumnado do centro, para reivindicar a defensa da nosa lingua e fomentar os hábitos saudables.