BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

jueves, 20 de mayo de 2021

RESULTADOS 3ª XORNADA VI TORNEO DE BÁDMINTON DA CRISTINA

 


3ª XORNADA

5º CURSO

LEO-MATEO MARTÍNEZ

21-17

MANUEL SOUTO-MATEO GARCÍA

21-13

MARIO-TIRSO

21-18

 

6º CURSO

HUGO-JACOBO

21-17

IDAIRA-LOLA

21-11

AINHOA-CLAUDIA

21-18

*EN NEGRITA OS CLASIFICADOS/AS PARA A SEGUINTE RONDA. 

jueves, 13 de mayo de 2021

lV CARREIRA POLA LINGUA DO CEIP.A CRISTINA

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, celebramos no patio cuberto  do noso colexio, a "IV Carreira pola Lingua do Ceip. A Cristina",na que participou todo o alumnado do centro, para reivindicar a defensa da nosa lingua e fomentar os hábitos saudables.


























miércoles, 12 de mayo de 2021

RESULTADOS 2ª XORNADA VI TORNEO DE BÁDMINTON DA CRISTINA

 


2ª XORNADA

5º CURSO

ISSEI-EFRÉN

21-11

MARIO-DIEGO

21-4

TIRSO-RODRIGO

21-7

ANDREA-CELIA

21-17 

SABELA-ZOE

21-17 

CARLA-LOANNE

21-15 


 6º CURSO

AINHOA-LUCÍA VILARES

21-11

IDAIRA-ALBA

21-4

SOFÍA-CARLA

21-11

ÁNGEL-DIEGO

21-19

MATEO FIGUEIRAS-LUCAS

21-10

MATEO REINO-XOEL

22-20

*EN NEGRITA OS CLASIFICADOS/AS PARA A SEGUINTE RONDA.

jueves, 29 de abril de 2021

RESULTADOS 1ª XORNADA VI TORNEO DE BÁDMINTON DA CRISTINA

 



5º CURSO

ANA-LUCÍA

21-19

CELIA-LÍA

21-2

SABELA-AROA

 21-10

LOUANE-NOA

 21-18

 

6º CURSO

SOFÍA-LUCÍA CANCELA

21-15

DANIELA-SHEILA

25-23

NICOLÁS-DANIEL

21-13

MARTÍN-ANXO

21-10

ISAAC-IZAN

21-18

ISAAC-MARTÍN

21-11


* EN NEGRITA OS CLASIFICADOS/AS PARA A SEGUINTE RONDA.

lunes, 26 de abril de 2021

VI TORNEO DE BÁDMINTON DA CRISTINA





Os alumnos/as de 5º e 6º de E.Primaria comezarán esta semana o VI Torneo de Bádminton da Cristina. Ao longo das próximas semanas celebraranse os partidos nas clases de educación física e nos recreos.

Moita sorte a todos/as!

miércoles, 10 de marzo de 2021

APRENDE A TRAVÉS DO SURFING


O noso centro forma parte durante este curso do proxecto "Aprende a través do Surfing" que se desenvolve en colaboración coas Federacións Española e Galega de Surfing e o Comité Olímpico Español. Nel están inmersos seis concellos e seis escolas de surfing de Galiza.

Este programa educativo ten entre outros obxectivos, o de ligar o proxecto co desenvolvemento dunha Reserva Local de Surfing e posterior candidatura da Costa da Morte a Reserva Mundial do Surfing.

É un programa a medio e longo prazo que pretende introducir o surfing nas aulas, potenciar a cultura oceánica e a sostenibilidade.

O luns, martes e mércores desta semana, dous monitores de surf, David Blanco( presidente da asociación nacional " Surf and Clean") e  Martín Varela ( director da escola de surf "Boaola"), estiveron desenvolvendo unhas sesións de iniciación ao surfing aos alumnos/as de todos os cursos de Educación Primaria, onde nos transmitiron a súa paixón polo Surfing e todos os valores desta modalidade.

Estas sesións terán continuidade cunhas xornadas de convivencia  na praia de Razo onde os nenos/as terán a oportunidade de desfrutar dun bautismo de surf, coñecer a cultura oceánica  e experimentar todos os valores do surfing.

Quero agradecer a David e Martín, a súa absoluta disponibildade e a maneira de transmitir con tanta ilusión e entusiasmo a súa forma de vida.

Moitas grazas aos dous.
 
Aquí vos deixo algunhas fotos da actividade. 👇

                 
                 APRENDE A TRAVÉS DO SURFING 1º E 2º E.PRIMARIA 


                 APRENDE A TRAVÉS DO SURFING 3º E 4º E.PRIMARIA


                     
 APRENDE A TRAVÉS DO SURFING 5º E 6º E.PRIMARIA 

lunes, 8 de marzo de 2021

OS BAÑOS DO XIMNASIO XA SON UNHA REALIDADE.

Despois de doce anos solicitando a construción duns baños no ximnasio, por fin neste curso, xa son toda unha realidade.

Esta era unha obra prioritaria e necesaria para o alumnado do noso centro, xa que, o ximnasio carecía de baños.

Os novos baños destacan pola súa amplitude, luminosidade e accesibilidade, o que  facilitará o desenvolvemento e aproveitamento das sesións de psicomotricidade e educación física.