O noso centro forma parte durante este curso do proxecto "Aprende a través do Surfing" que se desenvolve en colaboración coas Federacións Española e Galega de Surfing e o Comité Olímpico Español. Nel están inmersos seis concellos e seis escolas de surfing de Galiza.
Este programa educativo ten entre outros obxectivos, o de ligar o proxecto co desenvolvemento dunha Reserva Local de Surfing e posterior candidatura da Costa da Morte a Reserva Mundial do Surfing.
É un programa a medio e longo prazo que pretende introducir o surfing nas aulas, potenciar a cultura oceánica e a sostenibilidade.
O luns, martes e mércores desta semana, dous monitores de surf, David Blanco( presidente da asociación nacional " Surf and Clean") e Martín Varela ( director da escola de surf "Boaola"), estiveron desenvolvendo unhas sesións de iniciación ao surfing aos alumnos/as de todos os cursos de Educación Primaria, onde nos transmitiron a súa paixón polo Surfing e todos os valores desta modalidade.
Estas sesións terán continuidade cunhas xornadas de convivencia na praia de Razo onde os nenos/as terán a oportunidade de desfrutar dun bautismo de surf, coñecer a cultura oceánica e experimentar todos os valores do surfing.
Quero agradecer a David e Martín, a súa absoluta disponibildade e a maneira de transmitir con tanta ilusión e entusiasmo a súa forma de vida.
Moitas grazas aos dous.
Aquí vos deixo algunhas fotos da actividade. 👇
APRENDE A TRAVÉS DO SURFING 1º E 2º E.PRIMARIA
APRENDE A TRAVÉS DO SURFING 3º E 4º E.PRIMARIA
APRENDE A TRAVÉS DO SURFING 5º E 6º E.PRIMARIA
👏👏👏👏
ResponderEliminarMoi ben 👏👏
ResponderEliminar