BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

miércoles, 30 de enero de 2019

PDC.RELACIÓN DE CLASIFICADOS/AS PARA O CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR


A Federación Galega de Atletismo acaba de publicar as clasificacións dos centros educativos que participaron o pasado sábado no  Campionato Intercomarcal  de campo a través escolar, e podemos dicir, que estamos de noraboa, xa que,  nove nenos/as do noso centro conseguiron clasificarse para o Campionato Provincial , que se celebrará o vindeiro venres 22 de Febreiro en Noia.

Á medalla colleitada por Tirso Ramos,hai que sumar a clasificación individual de Nuria Castro e Guillermo Pastoriza; e o primeiro posto  do equipo infantil feminino.

Noraboa a todos/as!


RELACIÓN DE ATLETAS CLASIFICADOS/AS


BENXAMÍN MASCULINO

TIRSO RAMOS VARELA


BENXAMÍN FEMININO

NURIA CASTRO GARCÍA


ALEVÍN  MASCULINO

           GUILLERMO PASTORIZA CARBAJALES


EQUIPO INFANTIL FEMININO

ESTELA SOUTO RECAREY

AINARA CANCELA VARELA

NEREA ALONSO RECAREY

IRIA BUSTEL GARCÍA

NEREA COBAS RODRÍGUEZ

NOA PENA VÁZQUEZ

domingo, 27 de enero de 2019

PDC. A CRISTINA CLASIFICOUSE PARA O CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

Por oitavo ano consecutivo, o noso centro estará presente no Campionato Provincial de Campo a través escolar, que se celebrará o vindeiro venres 22  de Febreiro, no circuito de localidade coruñesa de Noia.

Tirso Ramos, alumno de 3º de E.Primaria, acadaou o segundo posto  na categoría benxamín masculino, o que lle otorga o pase ao Campionato Provincial.

O resto dos nenos/as que participaron, deron o mellor de sí, destacando o 5º posto dos equipos benxamín masculino e infantil feminino( 1º clasificado centros educativos).

Debido a que por motivos persoais non puiden estar presente neste Campionato,quero aproveitar esta entrada, para darlle as grazas ás profes Manuela e Nerea , por acompañar aos nenos/as durante a proba e polo seu excelente traballo e colaboración no desenvolvemento da xornada de onte. Moitas grazas!


Tamén agradecer aos nenos/as o seu esforzo e comportamento, e as familias,a súa inestimable colaboración durante toda a mañá.

Moitas grazas a todos/as!

 FOTO DE GRUPO DOS NOSOS/AS ATLETAS
 TIRSO RAMOS ACADOU A MEDALLA DE PRATA

CLASIFICACIÓNS CAMPIONATO INTERCOMARCAL 2019

O número de clasificados/as para o Campionato Provincial pode verse incrementado en outros sete nenos/as, xa que, agardando a que Deporte Escolar nos facilite as  clasificacións dos centros educativos, o equipo infantil feminino e Guillermo Pastoriza teñen moitas posibilidades de acadar dita clasificación.

martes, 22 de enero de 2019

PDC. CAMPIONATO INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR


O vindeiro sábado 26 de Xaneiro celebrarase no circuito do parque dos Menhires(A Coruña) o Campionato Intercomarcal de campo a través en idade escolar, onde participarán vinte e tres alumnos/as do noso centro.

Os nenos/as  serán trasladados  ao lugar da proba nun autobús acompañados por un mestre do centro.

A hora prevista da saída desde Carballo será ás 9 horas desde o aparcamento do centro comercial Bergantiños-Gadis.

Está previsto chegar  de volta a Carballo entre as  12.30 e as 12.45 horas ( dependendo de que os horarios das probas non se vexan alterados) ao mesmo lugar da saída. 

Moita sorte a todos/as!

Os horarios orientativos das probas son os seguintes:

9. 45 – Retirada de dorsais



Hora
Categoría
Distancia  aprox.
Voltas
10.30
Benxamín fem.
2º e 3º E.P
1.000m
SAIDA + VOLTA  A
10.40
Benxamín mas.
2º e 3º E.P
1.000m
SAIDA + VOLTA A
11.00
Alevín mas.
4º e 5º E.P
1.760m
SAIDA + VOLTA C
11.10
Infantil fem.
6º E.P
1.760 m
SAIDA + VOLTA C



martes, 8 de enero de 2019

PDC.RECREOS ACTIVOS. ADESTRAMOS PARA O CAMPIONATO INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS


Ola a tod@s!

Como todos os anos, aqueles nen@s que queiran preparar voluntariamente o Campionato  Intercomarcal de campo a través, poden achegarse nos recreos ao ximnasio para adestrar, sempre que as condicións metereolóxicas o permitan.

Esta semana adestraremos o xoves e o venres. As  dúas  próximas semanas,  os Martes, Xoves e Venres.

Anímate!

viernes, 21 de diciembre de 2018

BO NADAL E FELICES FESTAS



Quero aproveitar estas datas, para desexarvos un bo Nadal e un deportivo 2019.

Boas festas!

martes, 4 de diciembre de 2018

PDC. CLASIFICADOS/AS PARA O CAMPIONATO INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR


A Federación Galega de Atletismo acaba de publicar as clasificacións da Fase Local de campo a través celebrada o pasado venres, e podemos dicir, que estamos de noraboa, xa que,  vinte e tres nenos/as do noso centro conseguiron clasificarse para o Campionato Intercomarcal de campo a través, que se celebrará o vindeiro sábado 26 de Xaneiro do 2019, no circuito do parque dos Menhires( A Coruña)

Ás dúas medallas colleitadas, e á clasificación de cinco atletas de maneira individual, hai que destacar que a nivel de equipos os resultados foron moi bos , xa que, acadamos un primeiro e dous segundos postos.


RELACIÓN DE CLASIFICADOS PARA O CAMPIONATO INTERCOMARCAL 

 CLASIFICACIÓN INDIVIDUAL

TIRSO RAMOS VARELA (3º  Benxamín masculino)
HUGO GARCÍA REMUIÑÁN ( 6º Benxamín masculino)
NURIA CASTRO GARCÍA ( 6ª Benxamín feminino)
GUILLERMO PASTORIZA CARBAJALES ( 1º Alevín masculino)
ESTELA SOUTO RECAREY (8ª Infantil feminino)

CLASIFICACIÓN POR EQUIPOS 

EQUIPO BENXAMÍN MASCULINO (1º clasificado)

 ISSEI MATEO SUÁREZ KITAHORI
MANUEL GARCÍA CABEZA
LEO LEMA FERNÁNDEZ
NICOLÁS LEMA FERNÁNDEZ
RICARDO PAMPÍN ACOSTA
RODRIGO RAMA MALLO


EQUIPO ALEVÍN MASCULINO (2º clasificado)

MATEO FIGUEIRAS POSE

ÁNGEL TRIGO MATO
UNAI AMARELLE FERNÁNDEZ
ADRIÁN VARELA BUENDÍA
AITOR NEIRO VILARIÑO
RUBÉN SUÁREZ BARREIRO


EQUIPO INFANTIL FEMININO (2º clasificado)

AINARA CANCELA VARELA

NEREA ALONSO RECAREY
UXÍA RODRÍGUEZ REY
PAULA ANDRÉS GIL
IRIA BUSTELO GARCÍA
NEREA COBAS RODRÍGUEZ


MOI IMPORTANTE: A composición dos equipos pode sufrir variacións se algún dos nenos/as non confirma a súa asistencia ao Campionato. Neste caso, pasaría a ocupar o seu posto o seguinte neno/a por orden de clasificación.

NORABOA A TODOS/AS!