Por oitavo ano consecutivo, o noso centro estará presente no Campionato
Provincial de Campo a través escolar, que se celebrará o vindeiro venres 22 de Febreiro, no circuito de localidade coruñesa de Noia.
Tirso Ramos, alumno de 3º de E.Primaria, acadaou o segundo posto na categoría benxamín masculino, o que lle otorga o
pase ao Campionato Provincial.
O
resto dos nenos/as que participaron, deron o mellor de sí, destacando o 5º
posto dos equipos benxamín masculino e infantil feminino( 1º clasificado centros educativos).
Debido a que por motivos persoais non puiden estar presente neste Campionato,quero aproveitar esta entrada, para darlle as grazas ás profes Manuela e Nerea , por acompañar aos nenos/as durante a proba e polo seu excelente traballo e colaboración no desenvolvemento da xornada de onte. Moitas grazas!

Tamén agradecer aos nenos/as o seu esforzo e comportamento, e as
familias,a súa inestimable colaboración durante toda a mañá.
FOTO DE GRUPO DOS NOSOS/AS ATLETAS
TIRSO RAMOS ACADOU A MEDALLA DE PRATA
CLASIFICACIÓNS CAMPIONATO INTERCOMARCAL 2019
O número de clasificados/as para o Campionato Provincial pode verse incrementado en outros sete nenos/as, xa que, agardando a que Deporte Escolar nos facilite as clasificacións dos centros educativos, o equipo infantil feminino e Guillermo Pastoriza teñen moitas posibilidades de acadar dita clasificación.
Noraboa a tod@s!!!!
ResponderEliminar