BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

lunes, 8 de octubre de 2018

PDC. COÑECE O MEU CLUB:ESCOLA LUBIÁNS DE HOCKEY SOBRE PATÍNS

Dentro das actividades do programa Xogade, englobadas no Proxecto deportivo do centro, está o programa " Coñece o meu club", co cal se pretende que os alumnos/as coñezan os recursos deportivos dispoñibles na nosa poboación. 

Deste xeito, ofréceselles  unha alternativa de ocupación para o seu tempo libre e foméntase a práctica da actividade física entre a nosa poboación escolar. O que se busca é poñer en mans do noso alumnado a maior cantidade de recursos posibles, que lles axuden a conseguir uns hábitos cada vez máis activos e saudables.

Durante esta semana dous adestradores do Escola Lubiáns de hockey sobre patíns,visitarán o noso centro  para facer unha presentación práctica e lúdica do seu deporte, explicar o funcionamento do club (localización, horarios de adestramento, competicións…) e invitar aos alumnos/as a compartir os seus adestramentos.

Hoxe tocoulle o turno aos alumnos/as de 6º de E.Infantil,2º,5º e 6º de E.Primaria.

Mañá será o turno dos alumnos/as de 3º e 4º de E.Primaria; e o mércores rematarán as sesións cos alumnos/as de 1º de E.Primaria.

  

jueves, 20 de septiembre de 2018

PDC.O NOSO CENTRO INAUGUROU O BICIBÚS


Englobada dentro das actividades da Semana Europea da Mobilidade que organiza o concello de Carballo, onte arrancou unha iniciativa novidosa, o bicibús, sendo o noso centro o que inaugurou a experiencia, que consiste en que os nenos e as nenas vaian ao cole en bici.

Esta actividade está a desenvolverse grazas ao voluntariado do Club Ciclista Carballo a un Paso e á colaboración cos centros educativos, nesta experiencia piloto decidiuse que cada día participase un colexio, e en principio só co alumnado de 6º de Primaria.

miércoles, 19 de septiembre de 2018

PDC.COMEZARON OS RECREOS ACTIVOS!


Despois da boa acollida que tiveron o curso pasado,hoxe comezaron os "recreos activos", coa idea de mellorar a organización e convivencia durante os períodos de recreo.

Os obxectivos desta proposta son:
 
1)  Estimular as habilidades sociais de respecto, traballo en equipo e deportividade durante os recreos.

2) Crear un ambiente de recreos positivo e activo que mellore o clima interno do colexio onde a conciencia intergrupal, solidariedade, o respecto e a tolerancia sexan o eixo vertebrador dos tempos de descanso e esparexemento.

Ao igual que no curso pasado,establecéronse 4 zonas diferentes de xogo acorde a un calendario rotatorio , onde os alumn@s poden participar   segundo as súas preferencias e intereses .

Estas zonas de xogo son as seguintes:

Zona 1. Xogos tradicionais(trompos, canicas,diábolos,bolos,etc...)
Zona 2. Cachibol e xogos tradicionais( tres en raia, mariolas,twister)
Zona 3. Brilé, Balonmán,Bádminton e Ultimate.
Zona 4. Fútbol( cada curso participa só unha vez a semana) e baloncesto.

Ademais cada curso dispón de cordas para facer xogos como saltar á comba,etc... 

Para organizar as zonas e distribuir o material, contamos coa inestimable axuda dalgúns alumn@s de 6º de E.Primaria.

lunes, 3 de septiembre de 2018

BENVIDOS AO CURSO 2018/2019


Plufi quere darvos a benvida ao novo curso escolar 2018-2019, en particular aos que chegades por primeira vez ao noso centro.

Espérovos o mércores 12 de setembro para disfrutar movéndonos.

Ata ao mércores!