Os obxectivos desta proposta son:
1) Estimular as habilidades sociais de respecto, traballo en equipo e deportividade durante os recreos.
2) Crear un ambiente de recreos positivo e activo que mellore o clima interno do colexio onde a conciencia intergrupal, solidariedade, o respecto e a tolerancia sexan o eixo vertebrador dos tempos de descanso e esparexemento.
Ao igual que no curso pasado,establecéronse 4 zonas diferentes de xogo acorde a un calendario rotatorio , onde os alumn@s poden participar segundo as súas preferencias e intereses .
Estas zonas de xogo son as seguintes:
Zona 1. Xogos tradicionais(trompos, canicas,diábolos,bolos,etc...)
Zona 2. Cachibol e xogos tradicionais( tres en raia, mariolas,twister)
Zona 3. Brilé, Balonmán,Bádminton e Ultimate.
Zona 4. Fútbol( cada curso participa só unha vez a semana) e baloncesto.
Ademais cada curso dispón de cordas para facer xogos como saltar á comba,etc...
Para organizar as zonas e distribuir o material, contamos coa inestimable axuda dalgúns alumn@s de 6º de E.Primaria.
Mellor imposible!!!
ResponderEliminarDespois dos esforzos,
da gusto ver os resultados!!!
A disfrutar!!!!