Deséxovos un bo Nadal e un deportivo 2015.
BENVIDA
Ola a tod@s!
Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .
" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...
Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".
Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .
" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...
Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".
jueves, 18 de diciembre de 2014
FELICES FESTAS!!!
Deséxovos un bo Nadal e un deportivo 2015.
viernes, 28 de noviembre de 2014
PROXECTO MMAF " MÁIS E MELLOR ACTIVIDADE FÍSICA"
Dentro das actividades que temos proxectadas para este curso no proxecto MMAF " Máis e mellor actividade física", os alumn@s de segundo de E.Primaria realizaron dúas actividades nas que o obxectivo principal era afianzar o esquema corporal e coñecer o cambio que se produce nas pulsacións do noso corazón cando realizamos un exercicio físico con moita intensidade. Tras un traballo previo da súa titora Manuela, levamos a cabo unha práctica conxunta no ximnasio.
miércoles, 12 de noviembre de 2014
O NOSO CENTRO FOI ADMITIDO NO PLAN PROXECTA
Ao igual que nos cursos anteriores, o noso centro foi admitido no Plan Proxecta. Neste curso, a nosa participación centrase no desenvolvemento de dúas actividades englobadas no programa Xogade: a actividade deportiva ( participación nas diferentes fases do campo a través) e as actividades lúdicas.
A maiores este curso participaremos no programa MMAF “ Máis e mellor actividade física”coa idea de promover a actividade física e ao mesmo tempo incrementar a cantidade de exercicio físico nos nenos e nenas; incorporarando nunha hora a semana da materia de Coñecemento do Medio Natural, Social e Cultural, contidos e tarefas utilizando como medio a actividade física e o exercicio físico, que posibiliten unha transferencia cara o tempo de lecer do alumnado.
martes, 4 de noviembre de 2014
DATAS DAS FASES DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR
- Fase Local de Carballo : Venres 16 de xaneiro do 2015, no circuito do Polígono Industrial de Bértoa.
- Fase Intercomarcal: Sábado 24 de xaneiro do 2015 no circuito de Acea da Ma( Culleredo)
- Fase Provincial: Sábado 7 de febreiro de 2015 no circuito da Praia de Cabío (A Pobra do Caramiñal)
- Campionato Galego: Sábado 21 de febrerio do 2015 en Monterrei (Ourense)
jueves, 11 de septiembre de 2014
PRESENTACIÓN DA ÁREA DE EDUCACIÓN FÍSICA
Estimad@s pais/nais:
A área de Educación Física está encamiñada a conseguir o desenvolvemento persoal e unha mellor calidade de vida dos vosos fillos/as.
O ensino da Educación Física vai orientado ao coidado do corpo, da saúde, da mellora corporal e da utilización constructiva do lecer.
Para conseguir unha eficaz aprendizaxe, pediríavos que colaborásedes nos seguintes puntos:
1) Os vosos fillos/as deberán traer unha vestimenta adecuada (chándal ou roupa deportiva e zapatillas de deporte) para evitar posibles lesións.
3) Os alumnos/as traerán unha botella de auga pequena e unha bolsa de aseo con polo menos: toalla pequena, xabón, peite ou cepillo e unha camiseta para cambiarse (opcional en 1º e 2º curso); desta forma fomentaremos o coidado hixiénico dos nosos escolares, ademais de evitar posibles resfriados, enfriamientos, etc ...
4) Aqueles alumnos/as con problemas físicos dalgún tipo deben notificalo, a efectos de recibir unha Educación Física acorde ás súas posibilidades. No caso de que teñan algunha certificación ou informe médico, remitir unha copia ao mestre de Educación Física.
Os criterios de
avaliación que se van a empregar á hora de valorar ao alumno/a
incidirán en dous aspectos:
- A actitude ante a materia e os hábitos de hixiene, que se medirán a través da observación directa do alumn@ (70% da nota en primeiro e segundo nivel; 60% en terceiro e cuarto nivel e un 50% en quinto e sexto nivel).
- A aptitude física do alumno/a que se medirá a través da observación directa dos exercicios realizados ao longo das clases, e a través das diferentes probas e exames que se realizarán (30% da nota en primeiro e segundo nivel; 40% en terceiro e cuarto nivel e un 50% en quinto sexto nivel)
O
blog de Educación física:"Disfrutamos
movéndonos ”seguirá sendo unha ferramenta máis de información e traballo nas nosas clases
de educación física.
Moitas grazas pola súa colaboración.
lunes, 1 de septiembre de 2014
BENVID@S AO CURSO 2014-2015!!!
Benvid@s ao novo
curso escolar 2014-2015, en particular aos que chegades por primeira vez
ao noso centro.
Espérovos o 10 de setembro para disfrutar movéndonos.
Ata pronto!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





