Finaliza un novo curso no que agardo que desfrutásedes das clases de educación física, e que no voso recordo, queden os bos momentos que pasamos.
Moitas grazas a todos/as por visitar o blog, en especial, ao alumnado de 6º de Educación Primaria que remata a súa etapa no noso centro.
Vémonos de novo o 9 de setembro para seguir "desfrutando movéndonos".
Unha aperta moi grande e bo verán a todos/as.
Feliz verán, Suso! 🌞🏃♂️ Agora tóca correr... pero cara á praia! Grazas por facer que este curso estivese cheo de movemento, xogos e diversión. Que pases un bo verán 😎
ResponderEliminar