BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

jueves, 26 de febrero de 2026

PVAD.BRILLANTE PAPEL DOS NOS@S ATLETAS NA FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

Esta mañá celebrouse a Fase local de campo a través escolar, onde un ano máis, os nosos/as atletas tiveron un destacado papel na proba celebrada no circuito permanente do polígono industrial de Carballo. 

O noso centro estivo representado por 106 nenos/as das categorías benxamín, alevín e infantil feminino e masculino.

Aínda que todos os nenos/as realizaron un gran papel, hai que destacar a medalla de plata de Águeda Méndez  e a de bronce de  Mario Amarelle, na categoría benxamín.

Destacar tamén, que os equipos benxamín masculino e feminino acadaron o primeiro posto; e os equipos alevín masculino e feminino o terceiro posto.

Con estes resultados, agargando á publicación das clasificacións definitivas por parte da Federación Galega de Atletismo, teremos unha ampla representación no Campionato Provincial de centros educativos.

Quero aproveitar esta entrada, para dar as grazas a todo o Claustro de mestres/as ,en especial, a Maica, Ana, Patricia ,Carolina, Carme, Óscar e José polo seu excelente traballo e colaboración no desenvolvemento da xornada de hoxe. 

Moitas grazas! 

Tampouco me quero esquecer do excelente comportamento dos nenos/as, e do apoio incondicional de todos os pais e nais que se achegaron ata o circuito para animar aos nenos/as. 

Moitas Grazas! 

Noraboa a tod@s polo voso esforzo!!!!


EQUIPO BENXAMÍN FEMININO 1º CLASIFICADO


                      EQUIPO BENXAMÍN MASCULINO 1º CLASIFICADO


ÁGUEDA MÉNDEZ 2º CLASIFICADA 
BENXAMÍN FEMININO


MARIO AMARELLE 3º CLASIFICADO 
BENXAMÍN MASCULINO


  EQUIPO ALEVÍN FEMININO 3º CLASIFICADO


 EQUIPO ALEVÍN MASCULINO 3º CLASIFICADO








No hay comentarios:

Publicar un comentario