A semana pasada o alumnado de 3º de E. Primaria desenvolvou dúas sesións de xogos cooperativos para fomentar a cohesión grupal, o traballo compartido, a empatía e, en definitiva, a inclusión.
Un dos motivos principais de levar a cabo estas dúas sesións,
foi a de facer partícipe a un compañeiro do grupo que debido a unha lesión,
terá que utilizar cadeira de rodas durante un tempo, buscando como obxectivos
principais
· Introducir a este alumno dunha forma dinámica dentro do conxunto da clase.
· Fomentar a integración social a partir da participación nas actividades do grupo clase.
· Adaptar as reglas dos xogos de maneira que sexan válidas para todos/as.
· Favorecer a motivación co fin de que o alumno teña gañas de participar.
Agradecer a colaboración da súa titora Maica, tanto na proposta de actividades, como na súa colaboración e participación. Moitas grazas!
🤩🤩🤩
ResponderEliminar