O Concello de Carballo súmase un ano máis á Semana Europea da Mobilidade, na que participan 2.505 cidades de 47 países. O programa, deseñado pola Concellaría de Mobilidade coa colaboración da área de Igualdade.
O contido do programa, estará marcado polas restricións derivadas da situación sanitaria e polas medidas preventivas pola COVID-19. Por iso en todas as actividades faranse grupos reducidos, respectaranse o uso de máscara, a distancia de seguridade ou, no seu caso, a desinfección dos obxectos que se utilicen. Por primeira vez, ademais, Carballo participará no Día sen Coches, unha iniciativa que se desenvolverá simultaneamente en distintos barrios urbanos, nos que se cortarán rúas para que as ocupen os peóns con xogos e actividades e para visibilizar unha transformación urbana que pouco a pouco vai chegando a toda a vila.
O Día sen Coches coincidirá coa celebración da actividade “Pedaleando pola igualdade”, que a Concellaría de Igualdade tivo que suspender en marzo. Con esta actividade, na que tamén colabora o Club Ciclista Carballo, trátase de “darlles recursos ás mulleres para poder andar en bicicleta e que se sintan libres”.
A Asociación Ambiental Senda Nova guiará por segundo ano unha ruta pola beira do Anllóns dende a Ponte de Bértoa ata o Muíño da Cheda “para poñer en valor tamén as marxes dos ríos, que son dos poucos lugares que quedan con vexetación autóctona”.
Íntegro repite colaboración,co " Día da Accesibilidade", que se desenvolverá o luns 21, ocupando con cadeiras de rodas varias prazas de aparcamento para que a xente que ocupa as prazas para persoas con mobilidade reducida vexa o mal que se sentiría se lle pasase a eles. Ese mesmo día, pola tarde haberá unha ruta con cadeiras de rodas para “chequear” a accesibilidade da contorna do Fórum.
O programa da Semana Europea da Mobilidade celebrarase dende o 16 ata o 22 de setembro. Tes todos os detalles aquí abaixo.👇
👏👏👏
ResponderEliminarMoi ben....
ResponderEliminarMoi ben....
ResponderEliminar