Ola a
todos/as!
Gustaríame despedirme persoalmente de
todos vós, pero as circunstancias fan que non sexa posible, por iso decidín
escribírvos esta carta de despedida.
O venres despedídesvos do que foi o voso
colexio durante nove anos para iniciar unha nova etapa. As experiencias vividas
nestes anos seguro que vos enchen de entusiasmo para seguir adiante. Aquí
comprendestes o verdadeiro significado da amizade, da unión, da solidariedade,
da alegría, da confianza e outras cousas máis.
Aínda recordo aquel primeiro día de
clase convosco. Era un día de setembro do ano 2011, cada un cos seus sonos
baixo o brazo, cos seus medos e pensamentos... Todo era novo, todo era un
desafío. Dende ese primeiro día compartimos momentos que nos foron achegando,
xogos, risas,etc…
Agora iniciades unha nova etapa da vosa
vida, unha etapa, na que a ilusión debe ser o máis importante. Nela non ides
camiñar sós, teredes o apoio dos novos mestres e o dos vosos pais para que sexa
igual de inesquecible que esta.
Que non se vos esquezan o diálogo,o
entusiasmo e a constancia.
Foi un pracer compartir convosco estes
nove cursos, que sinceramente non esquecerei. Espero que non sexa un adeus
senón un ata sempre.
Grazas por
todo, grazas por vir, grazas por estar, grazas por rir, grazas por gozar das
clases, grazas polo voso esforzo, grazas pola vosa actitude, grazas pola vosa
colaboración, grazas por encher de vida o ximnasio, e agardo que nos
volvamos ver nalgún momento.
¡Ata moi pronto!
👏👏👏👏👏👏
ResponderEliminar👏🏽👏🏽👏🏽Bonitas palabras!!
ResponderEliminar