O próximo martes 28 de Abril celebrase o Día da Educación Física na Rúa, e nesta ocasión cambia a súa R de Rúa pola C de c asa, porque o confinamento está a facernos descubrir outra forma de traballar a EF e queremos ensinalo a toda a sociedade.
Entre todos e todas temos que facer grande o Día da Educación Física na Casa, nada nos parará.
Desde o noso centro imos celebrar o Día da Educación Física na Casa.
Por todo isto, quero propoñervos aos alumnos/as e as familias baixo o lema " Móvete na casa", que enviedes á seguinte dirección de correo electrónico: educacionfisicaceipacristina@gmail.com, unha fotografía na que amosedes como facedes actividade física nas vosas casas estes días. Nela poden aparecer os nenos/as e tamén as familias.
Tendes de prazo para enviar as fotos ata o Luns ás 14 horas.
Anímate e participa!
👏👏👏👏
ResponderEliminarMoitas grazas.Ánimo!
ResponderEliminar