BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

lunes, 13 de mayo de 2019

PDC. CAMIÑATAS SAUDABLES


Hoxe aproveitando o bo tempo, comezamos coas camiñatas saudables ao redor da contorna do noso colexio.  

Con esta iniciativa pretendemos ofertar unha nova actividade saudable durante as clases de educación física e os recreos, co fin de contribuir á mellora da nosa saúde.

Os nenos/as de 2º de E.Primaria foron os primeiros en iniciar estas camiñatas, que intentaremos que teñan continuidade o curso que vén, cunha nova actividade que formará parte do Proxecto Deportivo de centro.

Non deixes que a túa saúde pase de largo e camiña ao seu lado!



1 comentario: