O
obxectivo deste programa é o de actuar como dinamizador e promotor de
hábitos de vida activa e saudable, rentabilizando os recursos existentes
no seu ámbito de influencia.
Buscamos
que o 100% dos alumnos e alumnas reciban información e asesoramento de
como incorporar no seu día a día, tanto no horario lectivo coma no no-
lectivo, actividade física, exercicio físico ou deporte como hábito de
vida saudable, así como incrementar, na súa estadía no centro, a
práctica de actividade física de calidade.
O
obxectivo final será entón o de loitar contra o sedentarismo, creando
hábitos que perduren fóra do centro escolar e ao longo de toda a vida,
dende a infancia ata a vellez.
Ojala que se apunten tod@s!!!!
ResponderEliminar