Saray e Alexandra cos seus trofeos
Saray Rodríguez proclamouse campiona da final femenina do IV Torneo de Bádminton da Cristina, que disputaron os alumn@s de 5º e 6º curso.
Nun emocionante partido, cunha brilante Alexandra Esmoris como contrincante,gañou por dous sets a cero( 22-20 e 21-12).
Ao final do partido, as dúas finalistas recibiron os seus trofeos.
Con este partido, finaliza o IV Campionato de Bádminton do Ceip.A Cristina, no cal, todos os nen@s, amosaron un gran nivel.
Moitas grazas a tod@s polo voso esforzo e compromiso!
Cadro cos resultados do torneo
Noraboa de novo!!
ResponderEliminarDa gusto velas!!!
Todo esforzo leva a sua recompensa!!!
👏👏